Feira do libro da Habana
Hoxe presentouse o programa da participación de Galicia na Feira do Libro da Habana do vindeiro mes de febreiro. Aquí pode descargarse o dossier elaborado pola Consellaría de Cultura e Deporte con toda a información sobre tan importante evento (actividades, participantes…).
Etiquetas: Feria_Libro_La_Habana
Mágoa que nesa lista de escritores haxa moitos próximos ao BNG. Na Galiza quedarán moitos que, por non frecuentar a Consellería de Cultura, escriben realmente ben.
Xa estamos, home! É que é matemático. Pois nada, que todos os escritores que, aínda sendo bos escritores militen no BNG ou sexan “próximos” (como se mide isto?) comecen a pedir perdón por ser nacionalistas e militar nunha organización política, que para iso estamos nunha democracia. Agora resulta que ser do BNG vai incapacitar para escribir ou que?
Matemático? Máis ben un verdadeiro escándalo. Todos sabemos que quedan na casa unha chea de escritores que non da corda de Ánxela Bugallo. Menos mal que na Galiza hai escritores libres (Xurxo Borrazás, Diego Ameixeiras, Xavier Queipo, etc) que non se adican a dourarlle a píldora ao bipartito. Para iso xa está a Burla Negra, claro.
Uf, canto anonimato…
A min sigue sorprendéndome -e non porque crea que tivesen que levarme a min, deixádeme acabar, anónimos -que non haxa ninguén do libro teatral. Máis que sorprenderme escandalízame. Pero supoño que é o que ese apouvigado negocio merece.
O outro tema, a desexable “obxectividade” na escolla: home, está claro que por afinidades, simpatías e partidismos funcionamos todos. Que tivesemos a ilusión de que non fose ser así non quere dicir que non estivesemos errados. E ademáis, creo que “os cabezas de lista” son os que a maioría escolleriamos. Aínda que nos queda por saber quen está no apartado da comunicación oficial “entre outros”…
Un saúdo.
ë que no caso do bng é mais grave porque no do amigismo e enchufe está actuando igual que actuaba o pp, usando o enchufe e o amiguismo e promocionando a quen e da sua corda.Polo menos os do pp van do que son.
e que conste que eu non son nin do pp nin do bng nin do psoe nin de ninguén.
Concordo con r.r. que os cabezas de cartel convidados (Rivas, Suso, Agustín, Xabier…) son os que todos escolleriamos. De todos os xeitos a ausencia do noso flamante premio nacional de literatura dramática é sangrante. Para evitaren tantas suspicacias, non estaría de máis que se levase unha selección dos gañadores nos premios máis senlleiros da literatura galega dos últimos anos, e asunto rematado.
Ao cabo o relevante do tema non é quen viaxa senón se toda esta historia serve para algo. Eu son dos creo que non, e penso que os cartiños servirían mellor para poñer andar a oficina do libro galego no exterior ou para poñer os alicerces do futuro Instituto Rosalía de Castro e que non tivese que andar o Ministro Cesar Antonio a lavarnos a cara polo mundo adiante, como di Ferrín.
Amais, malia a nosa sentimental relación con Cuba, no estaría de falar de situación política cubana, dos escritores e periodistas no cárcere, da liberdade de expresión na illa… a que tan ben fai referencia Jareguizar na súa bitácora…