Expertos versus creación colectiva
Julián Gallo ofrece unha anotación moi suxestiva sobre as dúas tendencias, aparentemente contraditorias, existentes no actual desenvolvemento do coñecemento na rede: a baseada nun novo e reforzado papel dos expertos e a promovida pola creación colectiva.
Gallo, citando este artigo de Newsweek (“A venganza dos expertos”), onde se suxire que os contidos xerados polos usuarios de youtube ou da Wikipedia axiña serán substituídos polos contidos xerados e asinados polos expertos en cada eido do coñecemento, recolle dous exemplos da primeira da tendencias: a Knol de Google e o BigThink.com (o chamado “youtube das ideas”, onde se presentan entrevistas con destacados intelectuais e investigadores de ámbitos concretos.). Como exemplo da segunda, a baseada na creación colectiva, Gallo propón este vídeo de Charles Leadbeater para presentar o seu libro We Think, no que se desenvolve a idea de creación colectiva (“niño de ave”). O debate que propón Gallo é interesantísimo, xa que sitúa a reflexión sobre a calidade do contido publicado en Internet que, ata agora, e a diferencia do contido analóxico (das enciclopedias en papel) non estaba canonizado pola “autoridade” dun único editor.
Non hai dúbida que o modelo da Knol (aos poucos exemplos publicados nos remitimos) intenta mellorar a calidade do contido e da edición visual dos artigos da Wikipedia, aínda que abre moitos interrogantes sobre a súa viabilidade (aparecerá publicidade) e sobre a posibilidade do control que sobre o coñecemento puidera introducir.
Como tampouco, hai dúbidas que a creación colectiva en Internet, defendida por Leadbeater, pode achegar froitos moi positivos utilizada no mundo non virtual (sexa nas escolas, nas empresas ou na organización das cidades). A tese de Leadbeater non pode ser máis ilusionante e esperanzadora: “as novas formas de colaboración creativa en Internet anuncian a chegada dunha sociedade onde a participación sexa a idea dominante”.
Seguiremos estes dous fíos tan suxestivos.

Etiquetas: Knol, Leadbeater
O debate que se está xestando na Internet sobre a creación colectiva de contidos (Wikipedia) é necesario. Valorado o éxito inicial da Wikipedia como froito da xestións de contidos cooperativa, cómpre poñe-los medios adecuados para que a Wikipedia non se convirta nun instrumento de manipulación mediática.