Expendedoras de libros

Vía Extratexto atopo esta máquina expendedora de libros que funciona en Chile. Unha vella idea de Celia Torres que nunca conseguimos poñer aquí en marcha. Funcionará este sistema? Onde deberían ubicarse estas máquinas? Nos hospitais, nas estacións do tren, nos aeroportos, na rúa…?

Etiquetas:
10 comentarios
  1. el niño de la guía
    el niño de la guía Dice:

    E em Madrid “Bibliometro”. Em sabias palavras de Miss Yañez para fomentarmos a leitura o que necessitamos é um metro.

  2. náufrago
    náufrago Dice:

    Estou absolutamente convencido de que funcionaría. A máis oferta, máis demanda. Moita xente, polo simple feito de ver a máquina con posibilidade de sacar un libro ( a poder ser, un libro de peto ), xa o faría. ¡Anímense!

  3. F. Miguez
    F. Miguez Dice:

    ¿E onde se poderían ubicar as persoas que xa fan ese traballo? Que eu saiba, as estacións de tren a utobuses das cidades galegas (igual non tanto as das vilas medianas ou pequenas) xa teñan postos de prensa e libros. Outra cousa e que a xente os merque.
    As máquinas non son sempre necesarias.

  4. bola extra
    bola extra Dice:

    home, en galicia xa hai moitas máquinas expendedoras de revistas e funcionan… claro que o hábito de ler revista si que hai… e pola contra de libros…
    pero xa me estou imaxinando a escea:
    -que che saco a ti?
    -a min un ferrín.
    -ai! que está esgotado!
    -pois entón un De Toro…
    -de cola ou de laranxa?

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Como di anonimo funciona desde hai polo menos cinco anos en Barcelona. O exito non foi moito, e iso que no metro si que se le, asi que retiraron moitas maquinas, sobre todo das paradas mais proximas aos campus universitarios (????). A idea é bonita, pero pouco práctica. Nas primeiras máquinas de Barcelona estaba o’Rivas en español pero o que se vendían eran os “expedientes equis”

  6. X
    X Dice:

    A idea da máquina está ben, envoltorio mecánico para un obxecto que vai caendo paseniño no eido do romanticismo (audiolibros, librosonline, etc.).
    En canto ao que comenta f.miguez sobre a recolocación dos libreiros, considero que este tipo de venda non entraría en competencia co mercado actual do libro. Non creo que se trate de que estas máquinas lle dean ao lector o que antes ía buscar a unha libraría, senón de que lle dean un libro a quen antes non entraba nunha libraría.
    Respecto á colocación do artefacto, evidentemente en lugares públicos, preferentemente naqueles onde as persoas se ven na obriga de pasar tempo.
    Para min a verdadeira cuestión é que libros metemos nos seus fermosos e asépticos dispensadores automáticos, porque ao mellor vai resultar que non temos o tipo de literatura que a xente quere comprar no quiosco do hospital ou do aeroporto.

Los comentarios están desactivados.