Europa 2020?

O noso amigo Pedro, oportunísimo como sempre, faise eco da información aparecida en The Times, o pasado 2 de xuño, con motivo das eleccións de Moldavia, na que se especulaba sobre como se configuraría en 2020 o mapa político europeo con vinte novos estados independentes.

Chama a atención que o xornal conservador británico desbote sequera a posibilidade que Galicia sexa outra desas pequenas nacións que poidan aspirar á independencia. Será este o mapa que estuden os nosos netos?

Etiquetas:
8 comentarios
  1. Pablo
    Pablo Dice:

    Con máis ou menos acerto si. Por exemplo, Osetia do Sur pretende a súa integración na Federación Rusa. Andalucía non creo que nunca pense en conseguir un estado propio. O resto das posibilidades non son totalmente desbotábeis. Só o tempo dirá se ten razón.

  2. ro
    ro Dice:

    este mapa deixa claras dúas cousas:

    a) temos q mellorar a nosa política exterior. mellor dito, temos q botar a andar a nosa política exterior.

    b) o xornalista q o fixo non ten moita idea.

  3. Pablo
    Pablo Dice:

    Sobre a túa primeira apreciación coincido plenamente. Despois case trinta anos de goberno da dereita en Galiza, agora é o momento de facernos ver no mundo. Polo que respecta á túa segundo conclusión tamén coincido plenamente aínda que non deixo de ver que algunha das teses que propugna poden ser moi factíbeis.

  4. ro
    ro Dice:

    de europa occidental, atreveríame a facer unha porra para dentro de 15 anos:

    – factible: euscadi, cataluña, escocia e irlanda unida.

    – pouco factible: gales, galiza, córsega.

    – moi pouco factible: sardeña, sur tirol e andalucía. (e a bretaña, e occitania, e frisia e…)

    conflicto armado: valonia e flanders pelexándose por quen se leva bruxelas. sería a xerusalén de europa. :))

    [acéptanse apostas :)]

  5. Pablo
    Pablo Dice:

    Eu son utro Pablo. Algúns dos lugares citados nin sequera teñen movementos nacionalistas.
    Do caso irlandés, o que mellor coñezo, debo dicir que é bastante factible, se segue a progresión demográfica actual que convertirá aos católicos en maioría no norte.
    Escocia e Gales non teñen ningunha intención de independizarse, e o nacionalismo é bastante simbólico.
    É triste que os irlandeses non saiban nada de Galicia, sempre lles teño que debuxar un mapa. Ainda que todos saben de catalunya e euskadi. Seguimos sendo invisibles en Europa

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Temos nin máis nin menos o que somos. 13 deputados nacionalistas (se contamos a Cuíña serían 14…) nun Parlamento sensiblemente maior. E como acabamos de ver coa baixa de Miguel Barros do PSOE, a sensibilidade “nacional” do PSOE é máis ben escasa.

Los comentarios están desactivados.