Estudar galego na ESO fóra de Galicia

Coñezo por galego.org a presentación por parte de Esquerra dunha proposición non de lei, relativa á incorporación e/ou fomento da lingua catalana no ensino secundario e universitario. O deputado Joan Tardà (o que falou en catalán no Congreso) propón incorporar unha asignatura optativa de lingua e cultura catalanas na ESO, así como fomentar os estudos de lingua e cultura catalana nos centros universitarios do conxunto do Estado. A proposición foi aprobada pola Comisión de Educación, co voto en contra só do PP.
Velaí un camiño moi interesante para construír outra España respectuosa e curiosa coas linguas de todos. Só cando os rapaces estremeños ou cántabros coñezan mellor o galego ou o catalán (algúns porque o estudan, a maioría porque nos seus textos o tratamento destas linguas non é unha anécdota dun temiña de recheo), poderán valoralo tamén como un patrimonio seu.
Algun dos deputados galegos debería presentar inmediatamente unha proposición semellante para a nosa lingua. En Galicia existe, por riba, o paradoxo de que, a pesar de contemplarse legalmente a posibilidade, non existen centros de secundaria onde se imparta o portugués como segunda lingua (o francés é hoxe a optativa maioritaria na ESO), outro dos disparates que amosa a curtedade de miras da nosa política lingüística, ao que non é alleo o profesorado de galego e o conflito reintegracionista.
Ademais, sabemos da existencia de estudos preliminares por parte do Goberno para presentar nun futuro próximo no Congreso unha lei das linguas de España. Un debate moi interesante no que desde Galicia debemos participar activiamente e no que propostas como as de Tardà terán que ser contempladas.
7 comentarios
  1. ilugris
    ilugris Dice:

    A mim bem me pareceria com que os parlamentários galegos e galegas, em Compostela e em Madrid, se preocuparam e conseguiram que os alunos galego-falantes de fóra da Comunidade Autónoma Galega puderam estudar língua galego com completa normalidade na ESO, em Primária, na Universidade,…
    Isso, a dia de hoje, sim que é um repto.
    Dizir-lhe aos murcianos, aos riojanos ou aos andaluzes, que tenhem que estudar galego (e catalám e basco -e imagino que astur-llionês e aragonês-), cando nom conseguimos que no Berzo, no Eu-Návia, na Seabra e no Val de Elhas podam estudar galego com normalidade (com tanta normalidade como na CAG, quando menos), nom me parece sério.
    Nós, como galego-falantes, devemos preocupar-nos de conseguir umha ensinanza digna na nossa naçom, em todos os territórios galego-falantes, cousa que hoje em dia nom ocorre.
    E os espanhol-falantes, em todos aqueles territórios, que se preocupem de dignificar a sua ensinanza. Mas, da mesma forma que nom queremos que venham de fóra dizer-nos o que temos/devemos fazer, nom vaiamos nós fóra dizer-lhes o que tenhem/devem fazer.
    Penso eu, vaia, com todos os respeitos.

  2. Lantana
    Lantana Dice:

    Tiráchesme media palabra da boca, brétemas, xa que o seguinte post que ía escribir no meu blog tiña temática semellante. Coma só é semellante, fareino igual 😉

    No ensino do galego fóra de Galicia xa tiña pensado eu moitas veces. Respecto á ESO non sei eu se sería moi acollida a nosa lingua; andan os rapaces que se soben polas paredes, cando máis cun asunto que lles pareza “alleo”. Pero creo que, doutra maneira, todo o mundo que pertenza ó Estado onde está Galicia debería ter oportunidades e medios para poder achegarse á súa lingua. E tamén alén das fronteiras do Estado. Polo de agora descoñezo que o galego se ensine nas escolas de idiomas non galegas. Nalgunhas facultades é case unha anécdota…

    Realmente resulta máis doado en España aprender chinés ou sueco ca galego. E iso si que me doe moito…

    Eu ofrezo clases de lingua e literatura galega en Oviedo; non é moito, pero algo é algo.

    Aperta.

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Obrigado, Cesare, voçé sempre moito mellor informado ca min. Pois é unha boa noticia que os membros do PSOE modificaran a iniciativa nese senso.
    Ten razón, tamén, no de “dentro” e “fóra”, en realidade son dous eufemismos para evitar escribir a palabra “España”. Esta é unha prevención que manteño dende a miña dolescencia nacionalista. O reto do que fala ilugris, conseguir que os alumnos galego falantes de fóra de Galicia puidesen aprender galego con normalidade non pexa de ningunha maneira co que eu propoño. En realidade, o problema de fondo está no modelo que o Estado quere para as súas linguas: un territorial (o actual) ou un individual (como o suizo ou belga.. Dunha ou doutra maneira é un debate que se aborda nesa “lei das linguas” da que eu falo. Obrigado.

  4. Eido
    Eido Dice:

    Pois… parece-me um disparate pensar que o galego (e não por exemplo o português) é património dos estremenhos (aliás de todos os espanhóis) só por estarem sob o mesmo Estado. As fronteiras espanholas são assim referenciadas como lindes mágicos, e como a “língua galega” é (artificiosamente) uma língua “regional espanhola” também é de todos os que têm um determinado bilhete de identidade. Não assim o “português” (ainda que sejam portugueses os vizinhos dos espanhóis, e seguro que lhe podiam tirar bom proveito), ou o francês, ou mesmo qualquer das línguas minorizadas da França porque são “línguas estrangeiras”. Pedir que se poda estudar “galego” fora da CAG quando essa versão de língua está pensada como língua zonal entra na esquizofrénia. Nós não aceitamos o português porque total para quê?… e pretendemos que Espanha aceite o “galego” como uma língua estatal? Estas obsessões dos minimizadores (como a colaboração com o Instituto Cervantes, a presença no Congreso de la Lengua Española) são quanto menos inquetantes. E o valenciano também? E o “galego-asturiano” poder-se-á estudar na CAG?

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Así, como principio, pareceme ben: gustaríame ter ainda que fora uns rudimentos de catalán e de euskera. Pero ¿a E.S.O. outra vez?
    Non sei se vostedes se decatan de que tódolos problemas graves se tentan de resolver incluindo materias na E.S.O.:
    -Materia para previr a violencia doméstica na E.S.O. centrada na educación para a igualdade (coido que finalmente quedará en simple transversal)
    -Materia centrada na educación vial para baixar o número de víctimas en accidentes.
    -Polo menos, dúas linguas estranxeiras.
    -Relixión ou a súa alternativa…
    Tódolos amigos profesores de medias que teño (bacherelato e Ciclos formativos) se queixan de que saen da E.S.O. con un nivel de matemáticas baixísimo e cunha ortografía`, puntuación e expresión espantosas ¿seguimos a suxerir máis recheos para a E.S.O.? ¿Cántas asignaturas van a rematar por cursar os estudantes?
    No caso das Comunidades Autónomas con lingua propia como Galiza, Catalunya, Valencia ou Euskadi, o asunto agravase: os estudantes xa teñen dúas ou tres horas máis que o resto por semana para lingua autonómica.
    As veces as cousas vense moi lindas na teoría e escachan na práctica.
    Sí que creo que se debería de coñecer moito máis sobre o que temos arredor, pero quizáis habería que insertalo nos contidos de certas materias.
    Hai Cada

  6. ilugris
    ilugris Dice:

    Pois os conceitos dentro e fóra explicava-os muito bem Coco no Bárrio Sésamo… ; )
    Eu também fico perpetuamente perplexo com alguns comentários.

Los comentarios están desactivados.