Escritoras na RAG

Aledeimei moito do nomeamento da Margarita Ledo Andión como novo membro da Academia Galega. Un recoñecemento xustísimo á traxectoria de Marga, vencellada ao mundo da creación literaria, do audiovisual e da comunicación, un perfil que moderniza a institución e a obrigará a dialogar máis estreitamente coa contemporeneidade. Ao mesmo tempo, a presenza de Margarita axuda a reparar o carácter patriarcal da Academia, onde a presenza de mulleres, a pesar das últimas incorporacións, é cativa.
No entanto, fago miñas as palabras de Fran Alonso reivindicando a entrada na Academia de María Xosé Queizán, unha personalidade fulcral da cultura galega dos últimos cincuenta anos, que dende hai moito tempo xa debería de formar parte da institución. María Xosé, alén do seu compromiso político feminista, toca con alento todos os paos da nosa creación cultural: narradora, poeta, autora dramática, ensaísta, tradutora, directora de hai vinte anos dunha revista de cultura, activista a prol da lingua e non sei cántas cousas máis. Beicemos a entrada merecidísima de Margarita Ledo Andión, a seguinte incoporación debería ser a de María Xosé Queizán.

Etiquetas:
2 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pois é unha mágoa que non lle fagan tamén un sitio na RAG a Manuel Bragado xa que ó fin e ó cabo leva facendo pais moitos anos e publicando o que nin se sabe…!

    Sintoo moito pero antes que ver entrar na Academia a Maria Xosé prefiro verte a tí…!

    Por que será?

  2. Cesare
    Cesare Dice:

    Pra que entre a Queizán antes ten que saír alguén. Nese país de malintencionados onde vostede vive debe haber moitos que o estean agora acusando de compló.

    Non crea en máis conspiracións ca na súa propia. 🙂
    Saudiños

Los comentarios están desactivados.