E por que non, Gaarder?

Náufrago propón a Philip Roth, Jaureguizar a John Updike, e por que non, pensar en Jostein Gaarder? Este chavaliño (ten cara de rapaz) noruegués, que formalmente escribe para mozos e mozas, e aínda sen traducir ao galego, seméllame contar con méritos e escrita abondos para merecer o Nobel. É autor de obras marabillosas e irrepetibles, como O enigma e o espello. Porén, a min prestaríame máis que fose Ferrín, mais temo que este ano haberemos agardar.

19 comentarios
  1. folerpa
    folerpa Dice:

    Dende que no ano 1997 Bohumil Hrabal morreu sen que llo concedesen tanto me ten a quen reciba o premio do dinamiteiro. De todolos xeitos Roth o Updike parécenme bos candidatos cunha longa carreira. O de Gaarder é un fenomeno que non me prendeu,lin auquilo de Teo e quedei frío, e a súa obra en comparanza creo que non acada a altura dos anteriores.

  2. Martin Pawley
    Martin Pawley Dice:

    Non me vai facer caso a Academia Sueca (témome que nin sequera a española), pero eu dáballo sen dubidalo un segundo a Nicanor Parra, aínda que se o gañador é Kapuscinski tampouco me queixarei.

    Para Paul Auster aínda quedan uns anos, non? E para Woody Allen? Terán o valor de darllo algún día a Woody Allen?

  3. náufrago
    náufrago Dice:

    De Gaarder lin moitas cousas. E nunca me chistou moito. “O mundo de Sofía” ( será porque son profesor de Filosofía ) non me gustou. Pero nada. O mesmo me pasou con outros. Se cadra, “Vita Brevis” dedicado á vida de San Agustín pero en plan novelado. Agora ben: coñezo mil persoas que o terían escrito mellor.´
    Noutra orde de cousas, non sei como aínda este autor non está traducido á nosa lingua. Unha cousa non quita á outra.

  4. Brétemas
    Brétemas Dice:

    É curioso, o que menos valoro de gaarder é “O mundo de Sofía” e “Vita brevis”, quizais as súas obras máis coñecidas. Insisto que é un autor a visitar, sobre todo nos seus libros menos coñecidos no sistema editorial español (en Europa é moito máis valorado ca entre nós)

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Calquera relación de Gaarder coa verdadeira literatura é unha mera coincidencia.
    Así de claro, por moito que o consideren ou deixen de consideralo en Europa.

  6. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Non vou insistir na valía de Gaarder. Porén semella que na valoración da súa obra padece moitos dos prexuízos apriorísticos que sofre a chamada “Literatura Infantil Xuvenil”. Para aquelas persoas curiosas recomendo a lectura dun texto do noruegués ( ¿Libros para un mundo sen lectores?), que pode convidar a outra valoración máis piadosa. Repararía que as propostas de Roth, Updike ou Fowles (autores que me interesan) son todas elas de autores en lingua inglesa. Non existen, entre nós, referentes literarios noutras linguas menos poderosas? Aquí se podería abrir outra liña de discusión interesante. Antonio Lobo Antunes, Tabucchi, Echenoz ou Enrique Vila-Matas, non poderían ser considerados?

  7. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Tabucchi é literatura amable para progres benpensantes.

    Os seus son libros doados de ler e de boa factura artesanal, o lector queda reconfortado coa súa boa propia conciencia, pasa un rato agradable, e, logo, o libro en concreto vai parar ao estante para nunca máis saír del.

    A súa non é unha obra para segundas lecturas, nin sequera a esa idade da madurez na que se di que se relen as obras que causaron impacto na vida do lector.

    É literatura de curto alcance, nada hai nela de desacougante ou de estraño ou de ambigüidade moral, senón que o que hai é máis ben previsible, os personaxes tenden a ser máis ben planos.

    É comprensible que lle guste a Bragado, non en balde a obra de Tabucchi ten un certo “aire de familia” cun escritor noso moi célebre, que vende moito e que cae moi ben (é boa xente, sen dúbida), e que publica na editora que dirixe.
    Pero, ai!, a literatura de longo alcance e sinuoso percorrido, que non sexa light, que teña vocación de sistema, apenas é hoxe unha extravagancia, sobre todo en Galicia.

  8. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Meu benquerido anónimo, outra volta animando o debate no blo. Quedo agradecido, mais gostaría que nos indicase a qué autores de longo alcance se refire. Aquí procuramos asesorar á Academia sueca. Estou con vostede en que os lectores buscamos sempre eses libros e autores (a verdade que son poucos) a revisitar, claro que si. Porén, desconfío moito das categorías ou taxonomías que se enuncian do xeito que vostede adoita. Xa é moi revello ese discurso dos escritores light en Galicia. Cal son as razóns de empregar todos eses eufemismos, con escasa sutileza, cando se apela a percorridos de longo alento?

  9. Pepe
    Pepe Dice:

    Soa ben raroide que a vostede lle pareza que todos os anóminos somos os mesmos. Coido que se trabuca en boa medida, polo menos neste caso. É só cuestión de comodidade. Resultaría impropio que me esforzase en facerlle trocar de opinión, pero por se acaso vou asinar de agora en adiante como Pepe para diferenciarme claramente.

    Non me pida que desenvolva aquí todo un tratado teórico sobre a literatura de “percorrido de longo alento” (pódese dicir doutros xeitos, pero os lectores intelixentes entenden ben o que se quere dicir), pois tampouco vostede se esforzou gran cousa á hora de expoñer os méritos dos seus “escritores favoritos” (esta noción si que é revella). Cando vosteda faga dito esforzo, eu entón trataría de facer o meu.

    Tampouco pretendo ser orixinal ao utilizar o termo light, de certo usado noutras ocasións e que eu usei outravolta porque era acaído ao caso.
    Cada un pode ter os gustos literarios que queira, ou non? Xa que logo, podo connotar así a algúns escritores. Tampouco é cuestión, de momento, de dar nomes, non me gustaría ser tan groseiro.

    E verbo dos autores de longo alento, vostede coñecerá cando menos o nome dalgún deles. [Ollo: como semella tan susceptible, sinálolle que esta inocente “pulla” non ten intención descualificadora, é un simple recurso retórico á ironía coa fin de animar o debate “picándoo” a vostede, debate no que supoño que estará de acordo, polo menos en teoría (outra inocente “pulla)].
    Non é obrigatorio que estea de acordo comigo en gustos literarios nin de ningún outro tipo, así que non pasa nada.

    Pois veña, que sega o debate, se lle parece ben.

  10. Pepe
    Pepe Dice:

    Ah! e se hai que propoñer nomes para o Nobel, eu proporía arredor de media ducia.

    Pero, hoxe por hoxe, coido que o merecería un poeta que leva máis de corenta anos na brecha: Ladies and Gentlemen, con vostedes BOB DYLAN.

    Que lle parece, Brétema, a proposta: unha extravagancia?
    Porque como é un autor en lingua inglesa, non vaia ser o demo!

  11. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Pepe: Dylan non é extravagancia ningunha. Gosto e non teño prexuízo polos autores de lingua inglesa (madia leva!). No blo estamos falando de preferencias, ninguén pretende establecer un canon, nin é o espazo para establecer categorías. Como lector e editor en lingua galega busco eses textos valiosos (ou como cadaquén queira denominalos) dos que fala. Aí estou con vostede ao cen por cen. A lectura é unha busca, un camiño persoal no que, dende o noso subxetivismo e experiencia, imos deseñando o noso propio mapa.

  12. Pepe
    Pepe Dice:

    Boh! Se está comigo ao cento por cento, non hai polémica, e se non hai polémica non hai nada que dicir.
    Anímoo a que sexa máis cáustico. Por exemplo, xa sei que vostede non é un tarado e que, polo tanto, non pode ter prexuízo cos autores en lingua inglesa. Porén, púxelle unha pequena “trampiña” sobre o particular e entrou a saco nela.
    Anímese e “métase” tamén co que digo eu e o que dicimos os outros. Polemice e anime así este blog, que a unanimidade é moi aburrida. Pénseo. Moitas grazas.

  13. Pepe
    Pepe Dice:

    Diga, por exemplo, que Dylan é un cabronazo tocado pola man dos deuses, que Joyce era un cretino egoísta que escribíu para a eternidade, que Gaarder non é que teña cara de rapaciño: a quen se parece é a un dos cantantes de Abba, que Tabucchi é literariamente un covarde porque non arrisca nada.

    Que a unamidade só pode existir nos cimiterios… e non precisamente nos mariños.

  14. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Pepe: Gaarder parece un da Abba, si señor, aínda que isto a el non lle debe sentar moi ben, xa que existen as rivalidades entre veciños.
    Estou en desacordo co de Tabucchi, un autor que vostede semella detestar (ou iso parece). A min gústame o Tabucchi dos relatos fragmentarios de “Dama de Porto Pim” (o da viaxe os Azores na procura dos baleeiros) ou de “Pequeno equívocos sen importancia”. Non se arrisca nada nestes textos? A Tabucchi creo que lle pasou ao que moitos outros autores, que tiveron un grande éxito de lectores cunha novela (no seu caso “Afirma Pereira”). E motivo abondo para caer en desgraza entre a crítica que aposta pola literatura de “longo alento”?

  15. Pepe
    Pepe Dice:

    Non sabe como me alegra que coincidamos en que Gaarder é cuspidiño a un dos cantantes de Abba. Imos progresando adecuadamente!

    Non, non destesto a Tabucchi persoalmente. É máis, éme simpático como persoa, e ademais ten unha pinta excelente, non como o hortera de Gaarder.
    O que si lle reprocho é que, estando dotado como está, a súa “boa conciencia” lle impida ser máis ambicioso literariamente e se conforme con facer obriñas no canto de grandes obras.
    Por outra parte, pode que algúns traballos del menores teñan máis entidade. Pero eu refírome ás novelas.
    Se “Sostiene Pereira. Una testimonianza” era minimamente pasable, a “La testa perduta…” pareceume xa impresentable (a obra, non o autor) e feita simplemente para conseguir o éxito, nada máis.
    Tabucchi escribe nun italiano moi fermoso pero non ten alento para construír unha obra imperecedeira.
    Comprenda que, como o tempo é ouro, deixara de lerlle outras obras posteriores.
    Ao mellor, se vostede mas recomenda con vigor, podería intertar lelas e “darlle” unha nova oportunidade.

    Unha aperta.

  16. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Querido Pepe: confeso que non leo a Tabucchi en italiano, razón pola que non podo valorar a pasta do texto da que vostede fala. A min o Tabucchi que máis me interesou foi o dos seus primeiros libros (os que recomendaba no meu último comentario). É certo que lle sigo tendo lei, aínda que tamén, “Tristano morre”, o último libro interesoume menos. Moitas grazas polos teus comentarios tan intelixentes, o que se agradece moito. Unha apreta.

  17. Pepe
    Pepe Dice:

    Leo en italiano porque, por motivos que non veñen agora ao caso, pasei alí trece anos da miña vida.

    O de Tabucchi é un italiano moi fermoso, aínda que quizais un tanto requintado, faltábame por engadir.

    Se o último libro non lle gustou a vostede, pois desde logo que non o lerei, pois confirma os meus presentimentos sobre o autor. Tratarei de lerlle os primeiros que me indica, os de antes de facerse famoso.

    Sabe que lle digo? Que creo que os anos nos pasan en balde, que Tabucchi vaise facendo maior e que mercar unha fermosa casa rural “con encanto” na Toscana na que retirarse custa moitos cartos.
    Tal vez aí radique unha das claves da súa falta de alento e a súa predilección por unha literatura light que acade un éxito de vendas.

    En fin, todos somos “persoas humanas”.

Los comentarios están desactivados.