Dez anos de fantasía
Os dez anos de Vieiros son dez anos de fantasía colectiva. O seu editor, Lois Rodríguez (modelo de discreción e teimuda coraxe), e o seu equipo de profesionais demostraron que en Galicia tamén é posible vivir nun país normal, que emprega a súa lingua de forma orgullosa e asume sen complexos o tempo contemporáneo.
Vieiros, contra vento e maré, cun esforzo humano de xigantes, amosa que a proeza de facer xornalismo electrónico de calidade en tempos difíciles é posible en galego. Vieiros educounos a moitos na rede, guiounos nas descubertas e convenceunos, se eramos incrédulos ou tiñamos dúbidas, das posibilidades da súa nova textualidade e capacidade comunicativa.
É de xustiza recoñecer hoxe o esforzo e o valor dos pioneiros, especialmente de Daniel, de quen tanto aprendimos. Beizóns de corazón e longa vida para todos os que fixeron, fan e farán posible que continúe esta fantasía.
Eu tamen quero felicitar a Vieiros polo seu labor e por ser esa porta ao mundo virtual en galego dende hai tempo.
Agora os de Vieiros, censurando tan deleznablemente a liberdade dos foreiros, son uns máis que se suman ao carro dos que queren impoñer un pensamento único (aparentemente progresista).
Todo atado e ben atado, para que ninguén se “desmadre”. Qué pena!