Desbloqueouse a Lei do libro
Entre as moitas novidades que introduce o texto salientaría a creación de novos órganos de participación (“Consello Asesor do Libro”) e xestión (“Cámara do libro”, “Instituto Rosalía de Castro” de promoción da lingua, literatura e edición galegas), o papel central da biblioteca (primeira institución cultural de cada comunidade local), ou o reordenamento da edición institucional baixo os principios de austeridade, pertinencia administrativa e utilidade social. Con todo, a clave do éxito da lei está no seu compromiso de desenvolver un Plan de lectura (con financiamento suficiente, tanto público como privado, medios de xestión e avaliación) que promova unha auténtica revolución lectora no conxunto da sociedade galega. Tras a aprobación definitiva da lei e a posta en marcha do Plan da Lectura non haberá excusas para intentar reducir os indicadores deficitarios de lectura pública que tantas veces temos denunciado. A énfase na promoción da lectura en galego, vencellada ao Plan Xeral de Normalización Lingüística (mágoa que, polo momento; non colla o pulo agardado), constitúe outros dos eixos máis esperanzadoras da lei.
O trámite parlamentario deberá enriquecer e puír un texto que, previsiblemente, será aprobado por unanimidade. Seguiremos con atención este proceso lexislativo, que coincide, tamén, co da Lei do libro do Ministerio de Cultura (contestada nalgúns aspectos, como o da autorización dos descontos para o libro de texto, por editores e libreiros).
Alégrome moito, Manolo.
Sobre todo por ti e polos que traballan na liña na que traballas ti.
Sorte, sempre, con todo, aínda haxa opinións que ás veces -e nada teñen que ver con isto, evidentemente- un non poida compartir.
Aquí tes un irmán.
A min isto das lesi faime un tanto de graza, porque xa non se cumpren moitas das que existen como para que se vaia cumprir unha nova. En fin, veremos.