Da escola das bolboretas á noite de voraces sombras
A lingua das bolboretas, a película de José Luís Cuerda que recrea textos de ¿Qué me queres amor? é unha película que consegue emocionar, xa que tras os ollos de Monchiño –o Pardal de seis anos que foxe do seu niño familiar da man de don Gregorio, o mestre a piques de se xubilar que lle aprende a importancia do silencio e da lectura– vemos un mundo que se desintegra moralmente, por mor da intolerancia e do fanatismo relixioso. Don Gregorio representa a figura daqueles mestres que foron as verdadeiras luces da República. Mestres, formados na tradición laica da moderna pedagoxía da Institución Libre de Enseñanza e nas ideas educativas do socialismo histórico, que pretendían redimir a súa sociedade pola escola. Con este obxectivo os gobernos progresistas da República realizaron un extraordinario esforzo educativo: crearon milleiros de escolas e formaron a novos profesores nas máis modernas técnicas pedagóxicas da Escola Nova europea. Tentaban deste xeito atallar a lacra do analfabetismo, que en Galicia acadaba unha taxa do 35% de toda a poboación adulta.
tilonorrinco, un paxaro que vivía en Australia e pintaba de cores o seu niño cunha especie de óleo que fabricaba con pigmentos vexetais. Verbas lentes coas que os rapaces descubrían que as patacas e o millo viñeran de América e coas que viaxaban sobre o mapamundi coa mesma fascinación dunha película. Cando don Gregorio se anoxaba, calaba buscando nese silencio prolongado, desacougante, que os seus alumnos sentisen como eles mesmos eran os que debían buscar a solución ao seu conflito. Para don Gregorio a escola tiña que ser obradoiro e xardín, un verdadeiro laboratorio de coñecemento científico e experimental, no que todos agardaban coa mesma ansia a chegada do microscopio que algún día enviarían os responsables do Ministerio de Instrución Pública.
Na escola das bolboretas non se pegaba, nin o mestre berraba. Non había vara de vimbio para azoutar a aqueles que non sabían. Moi ó contrario, don Gregorio sempre sorría coa súa cara de sapo e empregaba as súas verbas –agarimosas, sedutoras e entusiastas– coma poderosas lentes que achegaban aquilo que estaba tan lonxe. Verbas lentes que permitían coñecer o
A película é crónica do fracaso deste modelo escolar, desta utopía pedagóxica destruída pola barbarie da intransixencia que levou, só en Galicia, a que noventa profesores (segundo o censo máis recente de Xosé Docampo) pagasen coa súa vida polo único feito de ser coma don Gregorio. A lingua das bolboretas é unha homenaxe para eles que forman parte da memoria de todos os educadores progresistas de hoxe. Aquela escola das bolboretas deu paso para o profesorado republicano á noite de voraces sombras.
Como outros mestres daquel tempo, organizaba paseos escolares, verdadeiras rotas do descubrimento, para que os alumnos puidesen coñecer horizontes novos dende o Monte Sinaí, e ir na procura do Iris, aquela bolboreta que brillaba fermosísima pousada na lama ou no esterco. Saía con eles para facer unha ensinanza máis intuitiva que os fixese interrogarse sobre o que os rodeaba e eles non coñecían. Velaí a razón de ser da lingua das bolboretas, esa trompa enroscada coma un resorte de reloxo, feliz metáfora de Manuel Rivas sobre a paixón por coñecer e por descubrir, de cómo o saber posúe un poder redentor para as persoas.expedientes de depuración, isto é a expedientes informativos que contemplaban, a través das opinións e escritos de diversos informantes (especialmente do sector eclesiástico), o comportamento político, moral e profesional de cada un no tempo da IIª República. O tipo de cargos sometidos a sanción cubría unha extensa nómina: militancia en organizacións afectas á IIª República, nacionalismo/separatismo catalán, vasco ou galego, simpatías de esquerda, irrelixiosidade, pertenza á masonería, conduta privada inmoral, etc., derivándose do anterior as diversas resolucións: dende a confirmación no cargo, ata posibles sancións que supuxeron o cese total para case 700 profesores galegos (o que para moitos deles supuxo intentar o camiño do exilio cara América ou do exilio interior), para outros tantos a suspensión de emprego parcial ou traslado de localidade e para máis de sesicentos sancións económicas.
Os sublevados axiña puxeron fin a esperanza educativa republicana e abriron un período de mortes, encadeamentos, castigos e exilios, que afectaron grave e negativamente aos corpos docentes en toda España e así tamén en Galicia. Desde os primeiros momentos de iniciado o golpe militar, e alí onde triunfaba, púxose en marcha a maquinaria represiva sobre o profesorado, ditándose en pouco tempo distintas medidas sinalando o alcance da depuración de condutas políticas e sociais consideradas punibles polo novo Réxime. Todo o profesorado (e mesmo o alumnado das escolas de maxisterio do curso 1935-36) foi sometido a Moita peor sorte tiveron os xa citados noventa profesores fusilados en Galicia. En Vigo foi fusilado na tapia de Pereiro, o 27 de agosto de 1936, o mestre José Apolinar Torres, xunto a outras oito persoas, entre as que se atopaban os alcaldes de Lavadores (José Antela Conde) e Vigo (Emilio Martínez Garrido), tres deputados (Enrique Heraclio Botana, tipógrafo, fundador da UGT en Vigo e primeiro alcalde republicano da cidade; Antonio Bilbatúa Zubeldía e Ignacio Seoane Fernández), ademais de dous concelleiros socialistas (o médico Waldo Gil e Ramón González Brunet) e o panadeiro Manuel Rey “O Vilagarcía”.
O 12 de setembro de 1936, o tenente da Garda Civil Francisco Rodríguez González “O Rabioso” e tres falanxistas de Bouzas foron buscar a súa escola a José Vázquez Grela, mestre de Nigrán que foi asasinado polas costas no barrio de Devesa. Severino Crespo, alumno seu, relata así os feitos: “(…) sacárono e metérono
nun coche daqueles antigos e baixaron cara ao cruce, torceron á esquerda e metéronse pola estrada de Camos. Niso a muller baixa correndo as escaleiras e só puido ver o coche como torcía cara ás Angustias, saíu correndo (…) cando chegou preto das Angustias xa se oíron os tiros. Levárono pegado por un carreiro ao cemiterio do Cean e dixéronlle que baixara que o ían levar xunto do cura, así como comezou a andar pegáronlle cinco tiros polas costas, a carón dun carballo”.
Semellante infortunio ocorreu o 15 de setembro de 1936, cando foi paseado o mestre da escola Pública de Coia, Víctor Fráiz Villanueva, comunista, fundador da FETE-UGT de Galicia e profesor de ideas pedagóxicas moi avanzadas como as descritas cando falamos da escola das bolboretas. Outrosí sufriu Antonio Mojón Vázquez, nacido na Cañiza e mestre interino en Asturias, fusilado no Monte do Castro o 31 de outubro de 1936, tras un Consello de Guerra.
Outros mestres asasinados da nosa comarca, dos que só temos constancia documental do seu nome, foron: Xoán Alonso Pérez e X. A. Álvarez Álvarez, os dous de escolas de Arbo; José Cortés, mestre de Goián; Hipólito Gallego Camarero, da escola de Forcadela, Tomiño (fusilado o 4 de agosto de 1936 en Mondariz); Gumersindo Gastiasoro, mestre de Cangas; Vitor Trabazo, mestre de Moaña. Outros dous mestres galeguistas de Rianxo, Manuel Rodríguez Castelao, e Xosé Losada Castelao, ambos os dous curmáns de Castelao, morreron o 24 de abril de 1937 no porto de Vigo cando intentaban fuxir nun bou cara a Francia.
Hoxe, setenta anos depois, pronunciando os seus nomes, estamos exercendo o noso lexítimo dereito á esperanza das luces da República que eles coa súa vida prenderon.

(Extracto da intervención preparada para pronunciar o día 15 de novembro na Semana pola Recuperación da memoria Histórica de Navia)
Etiquetas: República, Educación, Represión, Galicia, Intervencións
A retirada do doutor Honoris Causa a Franco pola USC é un pequeniño paso adiante nesta reparación histórica.
teño a pel de pita. grazas, bret, 😉
que grande facho pra alumear a memoria!!!
Moi fermoso. A Institución Libre de Enseñanza foi a que informou ese sistema educativo republicán. Os liberais e os socialistas ou os socialistas a fuer de liberais. Hoxe son os nacionalistas os que bucean no mundo que pertence á vella tradición socialista.
Grazas mil por este comentario.
Impresionoume bastante o post. Que fácil é esquecer.
Gracias
Este conto de Manuel Rivas é belíssimo. Eu costumava usar a edição portuguesa nas minhas aulas da Universidade Nacional de Timor Lorosae, em Díli. Os jovens adultos timorenses também viveram durante a ocupação indonésia o medo de represálias pelas ideias políticas dos pais, e também passaram por escolas onde os alunos eram vítimas da violência dos professores. O mestre desta história também lhes falava ao coração.