Cultur.gal, venres 11
Entre as actividades da segunda xornada de Cultur.gal destacan o Seminario dobre Comercio Internacional do libro, a presentación do programa MEG (Música en Galicia) promovido por Culturagalega.org, a presentación de Novas de libros (a nova revista de novidades editoriais de todos os membros da AGE) e a emisión en directo do Xabarín Club da TVG.
Outras actividades:
- Emisións da Radio Galega (17:00-20:00): “As quimbambas”.
- Presenza de escritores: Jaureguizar, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, Francisco Xavier Redondo Abal, Agustín Fernández Paz, Eduardo Rolland e Héctor Carré.
- Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria, Mundo Bazar, Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
- Presentación do disco Engado, música de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza (Falcatruada).
- Concerto de Malvela.
- Proxección do vídeo documental María Mariño de Manuel Forcadela.
Etiquetas: Culturgal