Cuestión de orzamentos
A negociación entre PSOE e BNG para conformar un goberno bipartito foi realizada baseándose no total do orzamento consolidado da Xunta do presente ano, que é de 9.000 millóns de euros.
O PSOE a través das súas oito consellarías e da presidencia da Xunta xestionará o 68,5 por cento dos recursos e o BNG, o 16,2. O 15,3 por cento restante vaise directamente ás outras institucións como o Parlamento de Galiza, o Consello de Contas, o Consello Consultivo ou ben son transferencias da Administración central ás corporacións locais nas que a Xunta é unha simple intermediaria.
Case a metade dos recursos dos que disporán os socialistas irá ás consellarías de Sanidade, cuxo presuposto supón o 29,5 por cento (2.687 millóns), e a de Educación, co 20,2 por cento (1.838 millóns). O maior gasto destes dous departamentos está vinculado á desembolsos correntes e ligados ao persoal. Pola súa banda, a Consellaría de Política Territorial xestionará o 5,3 por cento; Economía, o 1,7 por cento; Pesca, o 2,4 por cento; Medio Ambiente, o 2,9 por cento; Traballo, o 3 por cento, e Presidencia, o 3,5 por cento.
Mentres, o BNG distribuirá o 16,5 por cento que lles corresponde da seguinte maneira: a Consellaría de Medio Rural terá ao seu dispor o 5,7 por cento do presuposto; Industria, I+D+i, e Comercio, o 2,4 por cento; Vivienda, o 1,8 por cento; e o departamento de Cultura, o 2,3 por cento. Quintana, o 4 por cento A vicepresidencia da Xunta, que asumirá competencias parciais da antiga Consellaría de Familia e tamén da de Asuntos Sociais, terá ao seu dispor un 4 por cento dos fondos.
Os datos foron recabados no BNG, que recoñeceu que a negociación do bipartito fíxose con relación ás contas autonómicas do presente exercicio.
Nunha primeira ollada parecen uns bos orzamentos, pero quizais un reparto un pouco máis beneficioso para o BNG axudase a evitar futuros problemas coas súas Consellarías. O futuro responderá a esta pregunta.