Corina Porro e o BNG

Lendo a entrevista de Corina Porro en El País-Galicia (moi lista a alcaldesa en funcións), algunha persoa con autoridade na agrupación local de Vigo do BNG debería desmentir rotundamente estas palabras:

“El Bloque cedió ante temas de ciudad importantes. Y con él hallamos muchos más puntos de encuentro, de interés de ciudad, pese a no tener nada que ver. Pero la ciudad es gestión, solución de problemas, y en ese espacio me he encontrado con esa afinidad con el Bloque Nacionalista Galego.”

E ollo con estoutras:

“En Vigo, por ejemplo, si hemos apoyado un mismo modelo de ciudad que el BNG, ¿por qué no llegar a un acuerdo con el Bloque? En las ciudades, digo, porque la ciudad es gestión. Otra cosa es un Parlamento, donde intervienen otros conceptos. Pero en una ciudad, donde no se legisla, se gestiona, podemos encontrar ese punto de encuentro. Si sumados BNG y PP representamos al 60% de los ciudadanos, por qué quedarnos en el 48% que tienen ellos. Y que no me vengan con pactos de progreso, porque yo he demostrado ser más progresista que ellos dos juntos.”

E con estas tamén:

“Hay un partido con el que nos une un punto de encuentro crucial, como es el Plan General y el modelo de ciudad, ¿por qué no llegar a acuerdos?”

Imos seguir, ás portas do goberno de coalición coas coitas de sempre?

Etiquetas: Vigo
4 comentarios
  1. ARUME DOS PIÑEIROS
    ARUME DOS PIÑEIROS Dice:

    E logo, non estaba claro? Menos mal que se presentou Domínguez e sen rémoras (digamos notables) que se non a desfeita tería sido brutal.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Corina levou adiante as peonalizacións que deixou Castrillo para facer. Porque as que intentou levar a cabo como Calvario, Independencia e Travesia costáronlle, entre outras cousas, pero sobretodo, a Alcaldia. Onde estaban os de Vigoblog e Bretemas daquela, cando ese partido intocable para estes e outros señores como é o PSOE, dedicouse a boicotear como bernes fedorentos a xestión que agora todos aproban. Non me esquecerei na vida o seus amigos Sr. Delfin, Sra Porteiro e Principito baboseando e manipulando. Pero claro, aqui, o comite local de Vigo do bng é o culpable.
    Non se preocupen tanto polas declaracións de Corina, ela xoga a política, que é o seu traballo e o de vostede, Sr. Bretemas, polo que leo, é xa ir poñendo os chanzos para votarlle a culpa de novo o Bng se o psoe rompe o pacto ainda non firmado.
    Sr. Dominguez, tómese todo o tempo do mundo en firmar algo con ese españolista furibundo, que despreza o noso idioma sen contemplacións e que intenta destruir o pouco que nos queda de Ría con ese plan, do cal, ainda non leín nin unha soa liña, o noso querido Blogger ¿ou como o cofirmou o exalcalde santiagues, é intocable?.
    Saude.

  3. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Infelizmente, ninguén do BNG pode desmentir as palabras de Corina, porque parten e están corroboradas polos feitos. Xabier Toba chegou no seu día a afirmar (así o recolleu Faro de Vigo) que o BNG non podía apoiar os orzamentos municipais (cando o PSOE decidiu apoiar os do ano 2005 de Corina) porque ese documento marcaba a liña de separación entre as concepcións da sociedade do PP e do seu grupo. Sen embargo, para a plena coincidencia no “modelo de cidade” do Plan Xeral, o establishment do BNG alimentou ás súas “bases” coa falacia de que o Plan era obra do BNG e que o PP, oportunistamente, se apropiou del.
    Pero nonos rasguemos as vestiduras: coincidiu felizmente que no PSOE local pervivíu un grupo de concelleiros independentes, sen intereses directos nos pelotazos do Plan. Se non fose así (e se Consultora Galega fixera ben os seus deberes cun documento tecnicamente bo, con independencia do seu contido), moito me temo que o PSOE tería homologado as súas posturas coas de PP e BNG… porque tampouco é cousa de perder diñeiro.

    Fica tanto por facer!

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    “o establishment do BNG alimentou ás súas “bases” coa falacia de que o Plan era obra do BNG e que o PP, oportunistamente, se apropiou del”
    Agora perdinme ¿enton de quen é o Plan, a parte da famosa “Consultora Galega”?.
    Saude.

Los comentarios están desactivados.