Chegan as novidades
Son días bonitos estes nos que, despois do café da mañá, atopo na mesa as novidades co seu arrecendo a tinta aínda fresca. Este para min, a pesar de terse repetido cento de veces, é un momento de candorosa alegría. Estes días foron moi produtivos; velaí a chegada dos premios Xerais e Merlín, da novela de Marilar, dos ensaios de Helena, das kalendas de Xosé Lois, e hoxe dos poemas de formas clásicas de Ramiro. Axiña estarán todos nos andeis das librarías para comezar a nova tempada. Decontado comezarán as presentacións e as viaxes…
Teñe todo moi boa pinta.
Deséxovos moita sorte no novo curso.
Por certo, a de Herba moura unha portada ben xeitosa!
Non sabes canto estraño o de poder “ir de librerías” en Galicia! Fáltame un mundo enteiro por ver…! Pero aquí teño aberta unha fiestra.
Graciñas, Brétemas.