Lemos
Onte outra volta a Galicia. Á primeira hora da mañá
tertulia en Compostela (a
coronación tema principal); logo,
Torre (reunión coa
comercial para presentar as novidades do semestre); tarde, viaxe a
Muralla e noite,
presentación en
Lemos da última
obra de
Quiroga. Remexendo nunha libraría merquei varias primeiras edicións galegas a un euro, entre elas,
As rúas do vento ceibe de
Manuel (poderiamos publicala de novo?). Ceamos cunha xente ben salada,
bebimos un
amandi corpudo e falamos de libros e
botas. Case cincocentos quilómetros, as catro provincias, seis das cidades… Uff.. Chegamos a
Sal xa de madrugada, preocupados polas noticias sobre
Isaac (contáronos que está maliño).
A cita de Tolstoi
Leo no correo a corrección de
Nacho sobre o post de onte. Nacho, que fixo unha
presentación abraiante, anótame que a frase exacta pronunciada por
Ramiro foi:
Describe a túa vila e serás universal.