Magnífico Rodríguez
Os meus parabéns entusiastas para o traballo parlamentar de Francisco Rodríguez. Galicia tivo a voz que precisaba.
A proposta que presenta o PP á sociedade galega para seguir ocupando o goberno da Xunta é impropia do tempo que vivimos. Condena ao noso país a seguir atrapado no tempo, a continuar encerrado nunha anomalía que xa non pode continuar. Oferta a parálise dun proxecto esgotado, agora só ocupado do reparto da herencia dun poder exercido como en finca propia.
No nome da esperanza:
Agustín Fernández Paz (escritor), Anxo Guerreiro, Carmen Segura, Dolores Vilavedra (profesora), Javier Carro, Luís Alvarez Pousa (profesor), Luis Tosar (actor), Manuel Bragado (editor), Manuel Rivas (escritor), Mar Martín, Miguel Anxo fernán Vello (escritor e editor), Ramón Chao (escritor), Ramón Máiz (profesor), Rosa Aneiros (escritora), Suso de Toro (escritora), Uxía Senlle (música), Xurxo Souto (escritor).
Os que tódolos días pensamos no porvir da Galiza zugamos da Terra Nai esperanzas dabondo pra seguir vivindo. Mais as veces considerando a xiada indeferenza dunha grande parte da opinión galega, síntese senón dúbida unha ferinte vergonza.
Se a información é boa (esta xente, ata agora, ten apuntado de cheo, portazo incluído), imos ben aviados para poder contar cunha alternativa. A carreira de relevos non é a disciplina que mellor domina o actual BNG.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
