Carta dende Gaza
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina/por bretemasMoito recomendo a lectura da carta que Khalil, habitante da Faixa de Gaza, envía ao seu amigo Moncho Iglesias e que publica hoxe Vieiros xunto cuns vídeos gravados dende a súa casa. Documentos de interese para saber o que realmente está sucedendo alí.
Gaza, abrir camiños para a paz
/en Artigos_Xornal.com, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina/por bretemasMentres as bombas continúan caendo sobre Gaza, probablemente antes de que remate o ano, a infantaría xudía ocupará este territorio de 365 km2, pouco máis de tres veces o da cidade de Vigo, no que tras un duro bloqueo, imposto polo estado de Israel dende hai dezasete meses, malviven millón e medio de persoas con escasos alimentos, medicinas e combustible. Corenta e un anos despois daquela «Guerra dos seis días», na que os israelitas ocuparon por vez primeira Gaza, Cisxordania e os Altos do Golam, o conflito xudeu-palestino volve ao seu punto de inicio. As escasas posibilidades de resucitar o proceso de paz, iniciado en Annapolis o pasado ano, esvaéronse estes días como a area do deserto entre os dedos.
Antes dos brutais bombardeos desta pasada fin de semana, a estratexia do goberno israelita diante da vitoria de Hamás en 2006, baseárase na chamada «desconexión de Gaza», un bloqueo militar dos seis puntos fronteirizos existentes na Faixa de Gaza con Israel e Exipto, que impedía tanto o movemento de mercadorías básicas como o de persoas. Xustificado como resposta aos ataques palestinos con foguetes ‘qassam’ sobre a cidade israelita de Sderot, este bloqueo por terra, mar e aire –destinado, tamén, a afondar no conflito civil palestino entre Hamás (o partido islamista, claro gañador das últimas eleccións) e Al Fatah (o partido laico, que ostenta de forma moi precaria a presidencia da Autoridade Palestina, co apoio estadounidense e da Unión Europea)– provocou unha auténtica emerxencia humanitaria na Faixa, diante do silencio dunha comunidade internacional que, coa excepción do traballo dalgunhas organizacións de cooperación e dereitos humanos, permaneceu totalmente allea a este inxusto castigo colectivo que o estado de Israel infrinxe sobre toda unha poboación civil.
Desgraciadamente, a tregua de apenas seis meses asinada, coa mediación exipcia, por Hamás e Israel, non serviu nin para aliviar este cerco nin para diminuír o nivel de pobreza e desemprego da poboación civil de Gaza. A ninguén pode sorprender que unha vez finalizado o prazo acordado (nin sequera houbo intencións moi convincentes para renovala), volvesen os lanzamentos desesperados de foguetes artesanais por parte das milicias palestinas e que, outra vez, a política da «lexítima defensa» lles servise ás autoridades xudías –xa en aberta competencia preelectoral entre as dúas forzas da súa extrema dereita (Likud e Kalima)– como magnífica escusa para lanzar un ataque feroz e absolutamente desproporcionado sobre os responsables de Hamás e o seus enclaves máis emblemáticos. No entanto, non esquezamos que informacións dispoñibles de Nacións Unidas, a pesar do escandaloso peche informativo ditado por Israel que impide a entrada aos xornalistas occidentais, falan de medio cento de vítimas civís, entre elas algúns nenos e nenas.
Aínda que pareza terrible, a actual situación favorece tanto os intereses de Hamás como os do actual goberno da estrema dereita xudía. Con este masacre sobre Gaza, consolídase o liderado de Hamás sobre o conxunto do pobo palestino e a súa estratexia de resistencia (mesmo de lanzamento dunha terceira intifada) fronte á demostrada ineficacia da estratexia negociadora da Autoridade Nacional Palestina. Outrosí, sucede co actual goberno xudeu que coa súa posición de firmeza consegue vender á Comunidade Internacional (se por isto entendemos aos EE.UU. e aos gobernos máis influíntes da Unión Europea) que estas operacións militares son a súa lexítima contribución á guerra contra o terrorismo internacional (do que Hamás formaría parte), ao tempo que disuadiría a Barack Obama sobre as dificultades que para el supoñería mudar este esquema de interpretación sobre o denominado «conflito de Oriente Medio».
Só será posible abrir os camiños para a paz, cando a Comunidade Internacional teña vontade de romper este esquema tan coidadosamente deseñado polos diversos gobernos israelitas e impoñer unha nova lóxica baseada nos principios da legalidade internacional. Os camiños da paz abriranse só cando os responsables do goberno de Israel acepten que para manter a súa seguridade deberán entregar territorios e recoñecer ao estado palestino soberano e aos representantes dos que este lexitimamente se dote. Hoxe, cos tanques ás portas de Gaza, semella unha utopía.
(Xornal de Galicia, edición electrónica)

Israel continúa os seus ataques
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina/por bretemasA pesar do chamamento do Consello de Seguridade da ONU, o goberno israelí continuou durante esta noite os seus ataques aéreos indiscriminados sobre a poboación civil da franxa de Gaza. Semella que son intereses electoriais os que están detrás deste ataque brutal que, para algúns analistas, constitúe un erro estratéxico de vulto.
O que nunca entenderei é a reacción dese grupo de persoas que apoian en Galicia cegamente as accións militares do goberno israelí e que onte publicaron os seus comentarios ao pé da nosa anotación. É posible xustificar tan friamente o asasinato de case trescentas persoas? Non hai posibilidade de atopar, sequera nalgunhas das súas palabras, algunha esperanza de que isto pode ter unha solución política (baseada na legalidade internacional)? Verdadeiramente desacougante.

Masacre en Gaza. Que noxo!
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos/por bretemasO brutal ataque israelí de hoxe sobre os territorios da franxa de Gaza sáldase con douscentos mortos e varios centenares de feridos. A acción de guerra israelí máis cruenta das dúas últimas décadas. Por moito que os sionistas queiran xustificar que se trata da lexítima resposta dun estado democrático para defender a súa poboación civil dos ataques de Hamás, e que se fora necesario «será proseguida, extendida e intensificada canto faga falta», non estamos mais que diante doutra falconada asasina dun goberno que sabe non vai ser corrixido pola comunidade internacional. Que noxo! É posible que a Unión Europea, máis alá da condea protocolaria de Sarkozy (igualando con enorme desfachatez as accións de guerra dos dous bandos), permaneza de brazos cruzados diante deste Guernica do século XXI? As mudanzas na presidencia estadounidense axudarán a parar esta infamia? É posible que o pobo xudeu, máis alá dos seus gobernos, non contemple ningunha outra saída para poñerlle couto a esta barbarie contra o pobo palestino?
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.