Con Cuerda
/en Cine/por bretemasOnte á noite coñecín a Cuerda. Foi un dos presentadores do libro de Antón en Auria. O cineasta rendeu un tributo á educación como transmisora de talante crítico (mágoa o abuso desta palabra) e da capacidade de análise da realidade social. Pareceume un tipo ben simpático e moi bo narrador oral. Enunciou un discurso aceirado contra a civilización do espectáculo e da percusión: “se non fas ruído ninguén che atende nesta sociedade maceirada polo poder”. Cuerda prefire a harmonía das melodías de Alejandro.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Portalén24 de Marzo de 2026 - 5:15 p.m.
Carencias do Celta23 de Marzo de 2026 - 5:07 p.m.
A batalla invisible18 de Marzo de 2026 - 7:45 a.m.
Fernando Franco17 de Marzo de 2026 - 7:36 a.m.
O noso principiño14 de Marzo de 2026 - 6:35 a.m.




