Primeiro aniversario
Hoxe estas brétemas chegan ao seu primeiro aniversario. Empeceinas, case ao mesmo tempo que o meu amigo jaureguizar, coa inxenuidade de quen descoñece que esta escrita comunitaria na rede ía crearnos certa adicción, moitas satisfaccións e pequenos disgustos. Confeso que me mudaron a vida. Grazas a elas aprendín a moreas da xente marabillosa do blogmillo e das pequenas comunidades de persoas participantes na rede da conspiración dos libros libres. A todas elas, beizóns!Entre os 540 posts publicados prestáronme, por moi diversas razóns, esta ducia (un de cada mes):
- Tintas galegas (in memoriam de don Álvaro Álvarez Blázquez, que nos deixou poucos meses despois).
- Campo de Granada (grazas, Lolo)
- Pan durmido (homenaxe ao gremio de panadeiros).
- Editor emigrante (recordo de Vicente Paz Fernández).
- Nin Terra nin Tempo (a pesar dos disgustos que me supuxo).
- Un canto á vida (grazas, Teresa).
- Libros de máis?
- Campo de Fragoso I (a primeira das crónicas celestes que naceron primeiro para a rede).
- Antoloxía de colofóns (homenaxe ao profesor).
- Benvido Samaín.
- Un abrazo, María Victoria.
- Almas perdidas (homenaxe ao mestre).
Estas brétemas pretenden seguir este segundo ano co mesmo empeño de esperanza que as viu nacer.












