Identidades de dominio público
/en Blogs, Literacidade/por bretemasFoi magnífica e moi clarificadora sesión de Juan sobre xornalismo electrónico. A súa definición dos blogs como identidades de dominio público pareceume que sinala unha inflexión na reflexión que vimos facendo sobre o futuro desta nosa textualidade electrónica. Profundizaremos neste interesante debate.
Beizóns para Arvpart por recoller todos os enlaces da xornada.
Chega Archimboldo Roque
/en Blogs, Ilustración/por bretemasÉ unha marabilla. Benvido, Jacobo.
Bernabé en Compostela
/en Blogs/por bretemasEnblogs´06
/en Blogs/por bretemas–Que che aportou o fenómeno blog?
–Abrín brétemas os primeiros días do ano 2005, aínda que era lector de blogs en galego con continuidade desde o verán de 2004. Asumín a escritura do blog como un reto para experimentar coas posibilidades da textualidade electrónica. Os blogs supoñen unha nova literacidade, un xeito diferente de ler e de escribir, en base as posibilidades de intertextualidade que proporcionan o seu hipertexto e a súa intermodalidade (texto, imaxes e sons). A experiencia foi para min moi satisfactoria. Lendo e escribindo nos blogs aprendín moito. Estoulle moi agradecido a todos os que forman parte das comunidades de blogueiros nas que participo polo moito que me achegaron.
–Son os blogs unha moda social ou viñeron para quedarse?
–Parto do principio de que as posibilidades técnicas son posibilidades creativas. Supoño que as utilidades actuais que proporcionan os blogs se irán modificando (de feito xa melloraron nestes tres anos) e o soporte, polo tanto, transformando. Aparecerán, pois, novas posibilidades. Non vexo o fenómeno blog como unha moda e si, polo contra, como unha poderosa ferramenta de comunicación e creación intermodal. Os blogs son un dos fenómenos máis importantes da literacidade electrónica. Esta nova textualidade dixital é un fenómeno irreversible.
–No ano 2005 produciuse unha auténtica explosión do número de bitácoras en galego. Cres que o fenómeno seguirá expandíndose?
–As estimacións dun milleiro de bitácoras en galego amosan a importancia do fenómeno, aínda que, se as comparamos coas existentes no conxunto da blogosfera, non deixan de ser unha pinguiña. O fenómeno blog expandirase ao ritmo da incorporación do galego a Internet e da recuperación do seu uso como lingua vehicular. Nestes dous eidos son pesimista, xa que fender esta nosa fenda dixital e a anemia normalizadora só será posible se existen políticas públicas moi decididas e enérxicas. Mágoa que ata agora isto non se vexa no horizonte.
–Enriquecen os blogs a esfera pública e fomentan a pluralidade?
–Un dos grandes valores dos blogs son a súa posibilidade de proporcionar información e opinión alternativa á dos medios impresos.
–Que influencias pensas que teñen os blogs na vida cultural e nos medios de comunicación?
–Os blogs están axudando a marcar tendencias e a abrir a axenda informativa dos medios impresos. No pequeno sistema literario galego xa están, dunha ou doutra maneira, influíndo.
Extratexto
/en Blogs, Portugal/por bretemasBenvido, Oulego!
/en Autores, Blogs/por bretemasOutra importante incorporación ao blogomillo (que enlazamos xa a pasada semana) é a de Oulego. O escritor caurelao, residente en Madrid, adianta no blo os primeiros parágrafos da prometida segunda parte d’ O brindo de ouro. O autor de Fonte de esperante, un dos mellores libros de relatos publicados o pasado ano, vén publicado no blo uns microrrelatos estremecedores e de beleza desbordada. Recomendo moi vivamente engadilo aos enlaces preferidos.
Acento gallego
/en Blogs/por bretemasNon souben ata hoxe da existencia de Acento gallego a bitácora de Couselo. No seu blog, o veterano xornalista explica cómo se produciu a súa saída do Correo, xornal no que traballou durante tantos anos. Seguiremos a súa bitácora. Os seus artigos, ben documentados e escritos, sempre merecen a pena. Benvido á rede Couselo!
Botelha ao mar
/en Autores, Blogs/por bretemasOnte antes de comezar a presentación, Suso contoume a súa alegría pola volta á rede das súas Botelhas ao mar. Perdidas nun servidor foron recuperadas por un xeneroso e hábil lector que publicou sete delas en forma de blog. En realidade, estes textos, moi interesantes, constitúen un dos nosos antecedentes de prosa electrónica (publicábanse mensualmente) e a súa recuperación demostra que unha das funcións do formato blog é a de arquivo. A boa noticia das botelhas coincidiu, tamé, co peche das probas de Home sen nome, a novela (case catrocentas páxinas) que aparecerá na primeira semana de maio nas librarías galegas. Falaremos dela estes días, unha vez que traballemos os paratextos.
Máis feeds
/en Blogs/por bretemasAproveito o acougo da noite de día feriado para actualizar os meus feeds (acado os 128). Atopo páxinas novas que ata agora non visitara e que agora recomendo: Ourensalia; Sobre filloas, mel; Malo de aturar; Noite subsahariana; Trasalba, Ámote moito, Desorde e o espazo do meu amigo José Viale Moutinho, con quen compartín a pasada sexta feira un bo parrafeo. Non hai dúbida que a renovación do blogomillo está chegando dende as terras de Serenou.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.