Campaña canadiana de fomento da lectura
Vía Ediciona e a revista Babar coñezo esta impactante campaña de fomento da lectura entre os nenos e as nenas promovida pola Fondation pour l’alphabetisation de Canadá. Diversos personaxes de contos infantís deambulan agonizantes polos espazos dun hospital para expresar que se os nenos deixan de ler eles morrerán (o lema da campaña: «Cando non lemos a imaxinación desaparece»). A Cincenta turrando do goteiro polos corredores , Peter Pan en cadeira de rodas na soidade do seu cuarto ou a Carapuchiña na sala de urxencias son algunhas das imaxes desta sorprendente campaña de «sensibilización» lectora. Os vídeos da campaña poden verse enlazados desde aquí (por máis que procurei non os din atopado en you tube). Unha proposta que obriga a reflexionar sobre o valor profunda da lectura e da ficción.
Actualización (04-12-2008): Grazas, Ronsel. Claro que o vídeo se pode ver en you tube:
Si que o hai en Youtube:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2008/11/non-deixemos-que-morra.html
Saúdos
Impactante campaña de fomento da lectura. Estes canadenses lévannos a dianteira… en moitas cousas; certo, pode que noutras non.
Vexo ben este tipo de iniciativas, pero tamén penso que quizais haberia que ir directamente á raíz do problema. Pasa un pouco coma coa lingua. Se un neno xamais coñeceu o hábito da lectura polas razóns que sexa, como o vai perder? Captaría a mensaxe da campaña? Importaríalle ver a estes personaxes de conto agonizar no hospital do esquecemento? Talvez sí, quen cho sabe!
Resumindo, e xa acabo, na miña opinión deberíasenos familiarizar coa lectura xa dende ben pequerrechos, e en tódolos eidos da nosa vida. Entre outras cousas, porque tendemos a querer máis aquilo que coñecemos. Non é?