Camilo Franco ("Parella perfecta")
Na presentación, Camilo interpretou unha escolma dos seus microrrelatos. Eis a lectura de “Parella Perfecta”.
Eran a parella perfecta. El non tiña cabeza, ela tiña conta corrente e os dous querían fuxir.
Mercaron o coche máis grande do concesionario, subiron, abrocharon o cinto e mantiveron as costas correctamente repousadas contra os asentos. Foron perdendo os puntos da razón en cada unha das curvas ata que a morte os acabou de casar na quinta das seis voltas de campá con que percorreron o terraplén.
Etiquetas: Camilo_Franco
Parece tan interesante a exposición, quero ir, o relato este da parella, espero que non teña isntalación, imaxino un autoacordeón, as parellas as veces quedan así esmagadas.
Veciña agsm1000@yahoo.es