Cambios á vista


O grande Xurxo Lobato procura sempre as imaxes máis oportunas. Velaí hoxe ao ex-alcalde de Vigo, Manuel Soto, termando da pancarta do BNG (con outros convidados). Aínda que non é menos significativa a foto das bandeiras. Xa non teño dúbidas que se achegan en Vigo cambios tan importantes como imprescindibles.
2 comentarios
  1. Ababoro
    Ababoro Dice:

    Non gosto dese home nesa foto. O ex-alcalde Soto faríase da Falanxe se con iso prolongara a súa presencia na política.
    Desexo que o cheirume do novo tempo, o zoar da esperanza, non se misture co dos peixes mortos, antigos, insáns, velenosos e fedorentos.
    Hai mans limpas dabondo para soste-la pancarta.

Los comentarios están desactivados.