Bravo, Julia!

Bravo, Julia! Ou como puxo en evidencia a Arcadi Espada. Grazas, Alberto.

3 comentarios
  1. McShuibhne
    McShuibhne Dice:

    Teño por costume escoitar a radio as 24 horas do día, mesmo cando durmo. E teño por costume escoitar tódolas canles que podo. É por deformación profesional, e tamén por inquietude persoal. Cando escoitei ao señor Arcadi España… perdón, Espada quixen dicir (a traizón do subconsciente), pois como ía dicindo, cando escoitei as parvadas que dixo xa tiña claro que isto había que difundilo e, claro, tiña as ferramentas para facelo: un blogue, hardware e software para gravar, cortar, arranxar e compartir este corte preciso do programa “Julia en la onda”. Cousas das novas tecnoloxías, da era dixital… Quen nolo ía dicir fai non tanto! E quen llo ía dicir a Arcadi España… e dálle co subconsciente, Espada, Es-pa-da. Logo, a rede de redes fixo e está a facer o resto para que esta aldraxe non se perda nas ondas herzianas. Cousas da nova sociedade da información.

    Grazas a ti, Manolo, pola referencia e pola deferencia.

    Apertas

  2. Falcatruán
    Falcatruán Dice:

    gracias Julia Otero. O de “tabernaria” (anxo Tarrío, dixit) acáelle ben a rosa díez. “Tabernaria” no sentido mais pexorativo da palabra “tabernaria”. O de Espada, é un caso moi semellante ao de Cancio. Pedro Arias e Manquiña en Galicia.

Los comentarios están desactivados.