Borja Oubiña
Nas páxinas de deportes de El País aparece hoxe unha reportaxe sobre Borja Oubiña que moito me alegrou. O texto amosa que o mellor futbolista galego da actualidade é tan bo e intelixente rapaz como sólido mediocampista dunha grande proxección internacional. As súas declaracións criteriosas sobre o fútbol actual (adscribíndose ao fútbol de toque e de conxunto), as súas opinións prudentes e retranqueiras (mais contundentes, tamén) sobre a concepción da canteira do Celta e do Coruña son moi ilusionantes para os que soñamos que algún día estes dous conxuntos sexan cen por cen galegos.
Hai dúas tempadas que comprobamos en Balaídos como Borja foi medrando como futbolista de porte elegante, e como foi gañando en seguridade e intensidade (tanto no roubo de balón, onde xa é un mestre, coma na distribución sobre as bandas, onde comeza a coller confianza). Oubiña é o modelo de futbolista moderno: culto, estudoso e paciente, moi traballador dentro e fóra do campo (sei que despois dos adestramentos queda dúas horas castigándose só no ximnasio da Madroa), e moi disciplinado e concienzudo tacticamente sobre o terreo (alí é o home de Fernando). Se é quen de gañar en claridade e precisión atacante (onde, polo momento están as súas maiores carencias), non teño dúbidas de que a presente será a súa grande tempada, tanto no Celta, como nas seleccións nas que participa (como mediocentro defensivo non admite comparación nin con Abelda nin con Senna). Temo que será tamén a derradeira co Celta. Seguindo por este vieiro, o vindeiro ano a Premier League váinolo levar .

Será moi culto… pero despois de Rajoy non coñecín ninguén tan hostil co idioma da súa terra
Oubiña é un magnífico xogador ao que desexo toda a sorte do mundo, aínda que iso signifique, por desgraza, que o perdamos. O feito de que non fale galego non é, ao meu entender, proba de hostilidade, senón do fracaso do ensino da nosa lingua nas cidades. Está claro que un rapaz de vintecatro anos non vai ser o culpable do desleixo lingüístico de xeracións enteiras.
É abraiante a rapidez con que os “anonymous” do mundo sacan o martelo castigador.
Teño entendido que hai xente en Catalunya que tamén soña con ter todo o Barça con xente catalana. Pobre Kubala. ¿O Celta e o Dépor non son cen por cen galegos?
O Celta e o Coruña… jajajaja
está vostede fatal, 🙂
Non entendo as risitas. Quixera que me aclarara se o Celta e o Depor non son equipos galegos. Que os xogadores non naceron todos en Galicia parece evidente, pero os clubes sí o son. Ou non? Tal vez me equivoque, porque o diñeiro non coñece fronteiras, pero os consellos de administración de ámbolos clubes parecen de orixe galega. Non sei. Estou confundido. Acláreme o de seren galegos. Non é o Barça un equipo catalán? O Sporting non é asturiano?
Amigo Cesare: pois si, O Coruña. Para min foi sempre o nome fetén deste equipo. Aínda recordo as tres tempadas (dende o 73 ao 75) na que ía a Riazor aos seus partidos. Teño o corazón celeste (seríaparvo negalo), mais o Coruña é un equipo que sempre sigo con agarimo, que me gustou moito nas tempadas de Arsenio e Irureta (vaia par de adestradores!). Este ano, a pesar das declaracións de Caparrós, penso que con ese equipo de rapaces vai volver a Europa (empezou moi ben).
Sobre a galeguidade dos equipos nosos: é un feito incuestionable; como tamén o é que, aínda non representan, o mesmo co Barça, a Real ou o Atletic para as súas nacións. A iso me refiro co de “cen por cen galegos”. Esa é a política que promove esta tempada o novo director xeral do Celta (o galeguista Xabier Martínez Cobas). A utilización do galego no xornal do clube é un paso importante (Balaídos galeguizouse hai xa dúas décadas da man da Corporación Viguesa). Outro cantar é o da aposta pola canteira, onde os nosos equipos, son ainda temerosos. Gostaría que se apostase máis decididaente pola incorporación de rapaces que xogan no B e noutros equipos galegos de divisións inferiores.
Por último, sobre o galego e Oubiña: coa nova atmosfera galeguista no clube, aposto que Borja este ano superará o seu “complexo” (ou o que sexa) de non utilizar nas declaracións públicas a lingua da súa familia (a súa nai falaba en galego na RG o día do seu debut coa selección española).