BNG: 32 voces

O máis intelixente do que lin sobre a primeira xornada da Asemblea do BNG é a reflexión de Manuel M. Barreiro. O analista político máis lúcido co que hoxe contamos acerta de cheo cando diagnostica que os problemas actuais do BNG van moito máis alá das mudanzas que se poidan introducir no seu modelo organizativo. A renovación da proposta programática (tanto estratéxica como sectorial) e a súa capacidade de establecer un dialogo participativo e desprexuizado coa sociedade civil (en primeiro termo co electorado nacionalista que non milita no BNG) serían dúas das condicións para evitar o previsible declive electoral ao que, a pesar da acción de goberno, está abocada a organización de Quintana e Francisco Rodríguez. Fálase deses temas nesta Asemblea?
Etiquetas:
5 comentarios
  1. Mario
    Mario Dice:

    Concordo bastante con iso, o declive electoral se está producindo polo lado polo que non debera producirse, e o pior é que configura unha rede de actitudes en certos sectores da poboación que van ser moi difíciles de mudar no futuro.

  2. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Coma dixen noutro blog, Barreiro, o máis lucido, o coñecido pola súa sátira contra Mariño, fixo na súa valoración da actitude política do ex alcalde algunhas observacións que hoxe mesmo denuncia. Entre outras a falla de contacto coa cidadanía. O que tiña precisamente Mariño que a Barreiro non lle gustaba. Sería convinte que pensara seriamente sobre iso.

  3. Ian
    Ian Dice:

    Estimado arume a min nunca me molestou que Ventura Pérez Mariño tivese contacto coa cidadanía, amoloume o seu talante manifestamente desleal co seu socio de goberno (que cometer cometeu até daquela erros e desde aquela erros) e o seu sobrado autoritarismo, falta de sensibilidade coa nosa lingua e outras moitas cousas máis. Que os gobernantes teñan un firme contacto cos cidadáns non é contrario ao que pensaba daquela nin ao que penso hoxe.

  4. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Eu non teño a mesma percepción do acontecido con Mariño, aínda que podo admitir alguns deses plantexamentos. O único que parece certo é unha ausencia total do BNG na cidade de Vigo despois daquela. Completamente desaparecido (s)en combate.

  5. Xosé Antón
    Xosé Antón Dice:

    Antes ás Asembleas ías a poñerte as pilas. Despois desta última somos moitos os que estamos pensando seriamente en tirar a toalla. Están creando un bunker endogámicos onde os mesmos acumulan tódolos cargos totalmente alleos a calquera crítica.

Los comentarios están desactivados.