Bipartito e rexeneración democrática
Ao fío da proposta que nos fixo a diversas persoas a revista Tempos Novos sobre a valoración que nos merece a contribución do goberno bipartito á rexeneración democrática, publico a opinión que enviei para participar neste debate:
“A rexeneración democrática e a mudanza da cultura política relacional do Goberno Galego e da Administración ao seu servizo foron dous dos compromisos máis rotundos do contrato que o Bipartito quixo asinar coa cidadanía. Feitos que, tras dezaseis anos de gobernos e prácticas conservadoras, multiplicaron as esperanzas e as expectativas do tempo político que se abriu.
Tras ano e medio, é innegable que moitas desas esperanzas esvaéronse e algúns deses compromisos programáticos quedaron murchados ou aínda non se fixeron efectivos. Entre as decepcións sinalaría as seguintes:
–O relegamento do papel do Parlamento Galego como eixo do debate político. Especialmente significativo na secundarización dos traballos da ponencia parlamentaria do Estatuto (o peche dos seus traballos, ao día seguinte do fracaso de Monte Pío) e na baixa produción lexislativa da Cámara (froito da escasa iniciativa lexislativa do Goberno: aprobáronse moi poucas leis). Na mesma liña pode entenderse o erro dos grupos que apoian o Goberno de impedir o funcionamento dunha Comisión de Investigación dos Incendios Forestais, reducíndoa a “Comisión de Estudo” (contradicindo o comprometido coa cidadanía no Pacto de Goberno).
–O desinterese do Goberno en poñer en marcha canto antes a reforma do estatuto dos medios de comunicación públicos (CRTVG). A incapacidade do Bipartito para consensuar un modelo profesional de xestión dos medios (realizouse un reparto de influencias entre os dous partidos mais que o deseño dun novo modelo, baseado na profesionalización, o pluralismo e a independencia dos medios con respecto ao Executivo) agoira que esta reforma pode quedar adiada sine die. Con todo, é para min innegable que tanto a TVG como a Radio Galega melloraron os contidos e o interese da súa programación (especialmente a Radio) tratando de achegarse a un público máis urbano e interxeracional.
–A continuidade da política anterior dos gobernos conservadores con respecto aos medios impresos privados e a utilización da publicidade institucional con carácter abertamente partidista.
–O retraso na posta en marcha do rexistro de contratos, axudas públicas e subvencións outorgados a empresas privadas ou de ingresos e intereses dos altos cargos (o que iría en contradición co compromiso de transparencia asumido no contrato programa referido).
–O escaso interese na potenciación do funcionamento dos Consellos de participación social de carácter sectorial.
–O adiamento da reforma da Administración Autonómica e do seu funcionamento (escasa austeridade na contratación de asesores e asistencias técnicas) baixo os criterios de profesionalización, modernización e proximidade aos administrados (feito denunciado polos sindicatos da Administración autonómica).
Entre os aspectos positivos, que tamén os houbo, subliñaría os seguintes:
–A transparencia e puntualidade da información á cidadanía nas crises dos Incendios, do Verquido de Caldas e das Inundacións do Outono.
–A posta en marcha de programas de proxección exterior de Galicia nos eidos económicos, culturais e turísticos.
–A posta en marcha da reforma da participación electoral dos galegos residentes no exterior.
–O bo ton en xeral de cooperación e lealtade entre os membros do Goberno (amosada, singularmente, na recondución do proxecto da Cidade da Cultura e do remate do proceso estatutario).
–A posta en marcha de procesos de participación transversais (como a redefinición da Cidade da Cultura) ou sectoriais (especialmente por parte da Consellarías de Cultura e Deporte e da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria).
–O impulso do uso do galego como lingua vehicular no ensino non obrigatorio e a implicación do goberno no proceso de reforma educativa e curricular.”
–A posta en marcha do Plan de Igualdade 2007-2011 e a redacción do anteproxecto da Lei integral contra a violencia de xénero.
Como dicía aquel: cando combates a un monstro acábaste volvendo un pouco monstro ti tamén (ás veces dun xeito incomprensíbel).
Querido Manuel, publicarias a miña colexão de poemas, “Líricas balofas”? Xa ando publicando tantos galegos ha tanto tempo que era tempo que os galegos me publicaxen a mi, carago! Que dixes? Podias pedir uma subvenxaoziña à Camara do Porto o uma fundación qualquiera. Saludos cordiales!
Como fixeches para colocar un contador de visitas en Bloggger ?
Eu intenteino de mil formas e non mo admitía ni de coña…?
Entre body e /body pero non fun capaz de que funcionara…?
Gracias.
¿Qué relación existe entre Abel Caballero y Caixa Galicia ?
Como explicamos esto publicado aqui na sua web?
Sí que é verdade que a programación da radio e da tv melloraron. Entre outras cousa, por fin deron saída a todos eses documentais que se teñen feito dende hai anos e que estaban nos arquivos da TVG.
Non sei como é o caso da radio. Pero na TVG, eu engadiría a incapacidade do actual goberno -non digo que sexa doado, pero era unha promesa electoral- de solucionar o problema da situación laboral de moitos traballadores das delegacións. Non fixeron nada para arranxalo. E a proba é a cantidade de denuncias que teñen por non facelo. Moitas delas xa con sentencias firmes na súa contra. E as que quedan…
Eu tamén me uno á avaliación crítica do goberno dende o meu blog: Unha competencia que non nos merecemos.