Bibliotecas públicas
No artigo da semana denuncio, ao abeiro das sesións e conclusións do IIIº Simposio da AGE, a situación carencial das bibliotecas públicas en Galicia, facendo especial mención ás importantes diferenzas existentes entre as dúas maiores cidades galegas e propoñendo a posibilidade de crear un Consorcio Bibliotecario Galego como plataforma de xestión e colaboración entre a Xunta e os concellos.
Etiquetas: Artigos, Bibliotecas, Galicia
Xa o dixen noutro post: a teima nacionalista co asunto do L, que é en sí mesmo simbólico e representativo dunha loita honorable polo idioma, impidiu ver na faceta educativa e cultural de Paco Vázquez unha das súas trabes políticas. Unha delas é precisamente a das bibliotecas e espacios e dotacións culturais. Hai que recoñecerlle ó diplomático do Monte Sacro esa súa teimuda inclinación pola cultura de amplio espectro. A pregunta que vou facer agora é a que non se atreve a facer a oposición nacionalista: terá eso que ver algo coa súa escasa devoción polos nacionalistas e incluso co seu autoodio que adopta formas de cosmopolitismo escasamente comprendido?
O seu colega de Extremadura (colega en antinacionalismos) amosa esas mesmas virtudes de desenrolo da educación e das tecnoloxías da información para todo o mundo.
Polo demáis, un extraordinario artigo. Beizóns.
Isabel Blanco, Presidenta de ANABAD-Galicia (Asociación de Bibliotecarios/as) din:
Quero agradecer públicamente a Manolo Bragado a súa loita en prol das bibliotecas públicas e o feito que se fixese eco das propostas que ANABAD-Galicia leva defendendo dende hai tempo: Consorcio de bibliotecas, corresponsabilidade das distintas Administracións (Estado, Xunta, Deputacións, Concellos), necesidade dun mapa bibliotecario (análise da situación e propostas de futuro), etc.
BRAVO!!!!!
Unha proposta XUSTA
haberá que ver como se leva da teoría á práctica…
Saúdos
Non esquezamos tamén a pouca ou nula preocupación da Administración pola dotación de persoal bibliotecario: plantillas escasas e obsoletas, baixos niveis retributivos, formación profesional con cursiños de 20 horas…
Ao magnífico persoal autodidacta das nosas bibliotecas hai que motivalo e formalo para ter servizos de calidade.
Penso que teño unha pequena solución para Vigo, xa que o Verbum non ten solución, podería usarse como bilioteca. O espazo é magnífico, inspirador (ó lado da praia) e seguiría sendo a casa da palabra.
Así veriamos a cultura do “ladrillo” utilizada con dignidade, sen esa furia por crear novos iconos arquitectónicos, inutis e ofensivos cando deixan de buscarlle un uso razonable nun par de anos.
¿qué dirían os políticos, se os cidadáns lles propuxéramos: dennos vostedes as subencións que xa pensaremos en que utilizalas?