Biblioteca "La lengua de las mariposas"
El Ballestero, un concello de apenas cinco centos habitantes da provincia de Albacete, decidiu poñerlle á súa biblioteca pública o nome de “La lengua de las mariposas“. Os membros do clube de lectura desta biblioteca rebelde (conta con máis socios ca habitantes) deste pobo manchego, nevado con frecuencia en inverno e onde a figura máis temida é o cazador valenciano, quixeron con esta iniciativa recoñecer o compromiso e a valía literaria de Rivas.
O pasado día 17, Manolo acudiu a El Ballestero para descubrir a fermosa placa, realizada por unha ceramista, na que quedou gravada a máis fermosa metáfora sobre a escola republicana. Rivas contoume con excitación a experiencia da súa tarde manchega, na que, ademais, presentou Os libros arden mal e falou das trampas da cultura: “Dende que fun alí, teño un segundo Macondo. Hei volver a El Ballestero.”
Outra iniciativa a emular en Galicia: nomear as nosas bibliotecas con títulos das nosas obras literarias ou co nome dos nosos autores e autoras. Afortunadamente, cónstanos que xa existe a Biblioteca Municipal “Xabier P. Docampo” de Cambre.
Ola, queres algunha biblioteca máis?
– Victoriano García Martí (BPM da Pobra)
– Rosalía de Castro (BPM de Arzúa)
– Crecente Vega (BPM Castro do Rei)
– López Cortón (BPM Cedeira)
– Salvador Antonio Rodríguez Fraiz (BPM Cerdedo)
– Xoan de Requeixo (BPM Chantada)
– Miguel González Garcés (BPM de Culleredo, Axencia de Lectura do Burgo-Cambre e a Biblioteca Nodal da Coruña)
– Roberto Blanco Torres (BPM Cuntis)
– Victoría Armesto (BPM Mesía)
– Biblioteca Infantil e Xuvenil Salvador de Madariaga (A Coruña)
– Castelao (BPM Betanzos)
– Castelao (BPM Rianxo)
– Anxel Fole (Axencia de Lectura San Pedro de Nós-Oleiros)
– Eduardo Blanco Amor (BPM Malpica)
– Francisco Mayán (BPM Cee)
– Ramón Suarez Picallo (BPM Sada)
– Xosé María Pérez Parallé (BPM Fene)
– Benito Varela Jácome (BPM Lalín)
– Florencio Delgado Gurriarán (BPM Barco de Valdeorras)
– Valle-Inclán (BPM Redondela)
– El Viejo Pancho (José María Alonso y Trelles) (BPM Ribadeo)
– Neira Vilas (BPM de Vila de Cruces)
E seguro que aínda hai máis. O que non atopei é se algunha ten o nome dalgunha obra.
Un saúdo