Benvido, «Xornal de Galicia»

Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición tipográfica) e o enfoque informativo moi atractivo para a lectura. Un medio que abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas. Un paso importante para a nación. Benvido, pois, este Xornal de Galicia saído hoxe de trinque. Desexámoslle os maiores éxitos.
3 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    O estiven olleando na sua web, a ver si e verdade k …”abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas.”
    O k me sorprende e k está a mitade en galego e a outra en castelan (todos os publicos)

    Segun teño entendido o dueño e o promotor reconvertido a editor de “San José”
    cousas da crisi
    A.coruñes

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Arredemo, señor Brétemas, se o máis positivo que atopa no Xornal este é o deseño e a tipografía… mal (pero que moi mal) vamos.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Feita a primeira incursión en Xornal de Galicia (versión dixital Xornal.com) mal empezamos…

    O meu comentario versaba sobre o pluralismo e preguntabame se ‘galeguistas e progresistas’ eran unha ou dúas categorías…?

    Pero lamentablemente este comentario NON FOI PUBLICADO…

    Agora teremos que ver o rumbo que colle o barco pero de entrada NON!

Los comentarios están desactivados.