Ben, Touriño, ben

O anuncio de Touriño de completar a lexislatura do goberno bipartito paréceme excelente. Xa comentamos o domingo que o presidente estaba diante dunha difícil encrucillada: escoller entre as razóns de Galicia e os intereses da dirección federal do seu partido. Touriño escolleu con afouteza (e risco evidente para o seu futuro) apostar por finalizar o compromiso adquirido polo bipartito coa cidadanía. A súa foi unha elección moi intelixente e honorable, que o lexitima e reforza no seu papel de presidente de Galicia. Alédome, ademais, polo enorme esvarón da prensa madrileña que daba o adianto como seguro, o que demostra que as súas fontes de Ferraz deben estar moi amoladas. Agora, ben será que todo o goberno galego aproveite esta determinación do seu presidente para impulsarse neste treito final de lexislatura cunha intensa acción lexislativa e de goberno. Hoxe aplaudimos a Touriño. Ben o merece.

4 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Honralle esta decison de non “depender de Madrid” pero eu penso k se ekivoca.Tanto os seus socios como o pp van a explotar moi ben a situacion de unha lexislatura k xa se da por rematada.Pepe Blanco, outra cousa non sei, pero sabe como gañar elecions, e non as debe de ver moi claras.
    A.Coruñes

  2. Nygard
    Nygard Dice:

    Sinto non concordar para nada con vostede… Non nos poden vender a solución a un enredo que eles mesmos crearon… Por non falar do tratamento mediático da TVG… Pero o peor non é iso, o peor é que significou a maior das deslealdades cara o seu socio de goberno. Que ningúen se chame a engano, este é o PSOE… cando o BNG actúe en consecuencia algúns acusarano, pero tristemente aquí hai que aplicar o de Baltar: “se un se despiste pásanlle a rebordadora”.

Los comentarios están desactivados.