Beizóns, Xurxo!
Tras catro anos de traballo entusiasta á fronte da subdirección de programas, Xurxo Souto saíu da Radio Galega coa elegancia arroutada e idéntica paixón coa que realizou o seu primeiro saúdo en antena. Atrás queda o seu pulo e esforzo por modernizar e achegar a radio pública en galego (esa “rareza” no dial que debemos defender como primeiro patrimonio galego da comunicación) á mocidade e aos públicos urbanos. Eis o seu traballo monumental de apoio á música popular galega que, en boa medida debido a súa convicción nas súas posibilidades, vive o mellor momento da súa historia. Eis o seu apoio a iniciativas felices como a reinvención do teatro na radio. Eis as leccións diarias de radio fetén en Aberto por Reformas ou cada sábado ao mediodía en Mil ribeiras (para min un programa memorable, tanto dende o punto de vista literario como musical). Eis o acerto de poñer en marcha o Extrarradio, o grande programa de Belén Regueira (hoxe por hoxe a primeira comuncadora do país). Eis o apoio proporcionado pola RG ás máis diversas iniciativas das industrias culturais… Todo o sector cultural galego (editores, escritores, músicos, actores… ) está en débeda con Xurxo Souto. Ben sería amosarlle o noso agradecemento nunha velada bonita. Beizóns, Xurxo, o noso ghaiteiro!
Tanta paixón… quen poderá detela?
Xurxo sempre con nós e nós sempre con Xurxo.
Concordo con todo o dito. Xurxo é unha riqueza para este país. con gusto participaría nesa velada de agarimo.
A min o que máis me preocupa é que non consigo achar onde está o elemento tan subversivo ou perigoso nun programa que tinha como finalidade promocionar a música feita en galego. Tan urxente era eliminalo ipso facto, sen agardar ao fin de temporada? Non podo achar respostas razoables e penso que haberá que buscalas no odio e na carraxe de xente resentida.
Por outra banda concordo con Antonio, a paxion que queima no peito e tan poderosa que acadará outras vías de expresión. Adiante carnochos!
Xenerosas verbas, como xenerosa foi sempre a voz de Xurxo durante estes anos. Merece un recoñecemento público.
Temos un agasallo para Brétemas
Súmome a homenaxe e pregúntome canto durará Belén.
Eu como ointe diario do programa penso como sobchak, porque nunca, nunca escoiteille tomar posición sobre tal ou cal, so isa forza a prol da música en galego e tamen da asturiana ou castellana. Pero amigos, ganaron os repugnantes grazas a moitos mixiricas disfrazados de esquerdistas e agora, toca apandar con estes túzaros.
Pero Xurxo esta por riba de tanta tontería. Ánimo rapas e dende Vigo a un Coruñes: Adiante, xa xogaremos e ganaremos o teu Depor na Champions.
Xurxo triunfará onde queira que vaía. É un crack! Dos poucos que sendo dos nosos non se converteu nun dos deles durantes estes anos de bipartito.
Xurxo ben merece saber o muito que apreciamos o seu entusiasmo e profesionalidade. de acordo en facerllo chegar a través dun encontro- homenaxe, pero o máis importante é animalo a que siga a traballar coma ate o de agora. Todo o seu esforzo non debe de quedar agochado e en suspenso. Muita forza Xurxo!!
Thanks for taking the time to talk about this, I feel fervently about this and I take pleasure in learning about this topic. Please, as you gain information, please update this blog with more information. I have found it very useful.