Bases de futuro
Hai trece anos que non facía unha intervención política. Foi onte na presentación das Bases do Novo Estatuto en Sal. Percibín que o que máis interesou ao público (numeroso, aínda ca menos ca o día anterior en Teucro) foron as propostas sobre ordenaciópn do territorio: a de redución e reordenación do número de concellos, o recoñecemento da comarca e a creación das rexións urbanas (ambas as dúas como entidades administrativas e políticas). Chocoume a escasa atención dos asistentes por comentar ou interpelarnos sobre cuestións máis políticas (a lingua, a cidadanía galega, a configuración federal do estado, a integración europea…), coa excepción dunha pregunta que nos fixeron sobre cómo recollía o texto a cuestión da soberanía nacional.
Isto xa ven sendo unha constante no debate político galego reducido de forma reiterativa a un debate nominalista sobre as infraestruturas que precisamos. En xeral, boto en falta a confrontación de alternativas sobre cuestións de máis peso na vida dos cidadáns: os modelos educativos e sanitarios, as políticas sociais e de emprego ou a profundización dos dereitos cívicos (cuestións que, sen embargo, o texto do Foro aborda con profundidade).
Temo que esta campaña quede sumida a unha estéril polémica sobre liftins, as crises dos tres partidos (o tema monográfico da tertulia de hoxe) ou os trens que chegarán (xa temos a certeza) con retraso. Vai ser esa toda a cartografía do soño noso?
Cando saín do acto notei certa frialdade comigo dos responsables e candidatos do BNG. Quizais falei con paixón excesiva sobre o que eu entendo por galeguismo republicano integrador ou, quizais, non foi moi diplomático o meu último post sobre as súas listas. En todo caso, creo que, por riba das consecuencias dos resultados de xuño, hai que apostar polo futuro.
¿Estrañoulle que os persoeiros do Bloque deixaran o agarimo na porta da Casa do Libro? ¿Aínda non se enterou de que algñúns entenden a política coma unha guerra na que se non se está ó cento por cen con eles se está na súa contra?
Teñen, pois son febles, medo a un rexurdimento do “Fagámonos respetar, fagámonos escoitar” ou de calquera outra forma de entender Galiza coma pais que non camiñe polo seu vieiro.
Non teña dúbida que o Foro, coma todas esas boas mentes novas ás que os seus cóbados non deixan xurdir, é un enimigo ó que non deixarán medrar se eles non collen o timón.
Benquerido Manolo, non te confundas. Somos moitos e moitas no seo do BNG os que coindicimos plenamente contigo. Após as eleccións xa falaremos. De todos xeitos o “tradicional” no BNG non é precisamente a cortesía. Non esqueza Vostede que para algúns no BNG a cortesía non deixa de ser un vicio pequenoburgués… O importante para nós é non sertirnos sós. Saber que fóra do benegá hai moitos, moitos máis nacionalistas que dentro.
Benquerido Manolo. Non te confundas. Somos moitos e moitas no seo do BNG os que coincidimos plenamente contigo. Após as eleccións falaremos…
No do trato frío, non esquezas que para algúns no benegá a cortesía non deixa de ser un vicio pequeno-burgués…
O importante para nós é non sentirnos sós. Saber que fóra do BNG hai moitos, moitísimos máis nacionalistas que dentro.
Após as eleccións xa falaremos. De que falaremos? Das maldades da dirección actual ou da confirmación das negras previsións que temos? Do mal que está todo? Do ben que nos ía con Beiras? Da nova vitoria do PP? Xestionar o malestar é moito máis doado que facer agromar ilusión, non é? Eu preferiría unha coalición BNG-Foro Novo Estatuto, que as actuais listas cangadas de UPG, pero a pesar da UPG só uns bos resultados do BNG aseguran a derrota do PP e que o Novo Estatuto que nos ilusiona teña algunha viabilidade.
Eu recomendaría un artigo que publica esta semán A Nosa Terra de Suso de Toro. O que ven a dicir é que o que nos xogamos nestas eleccións non son matices ideolóxicos, é ser ou non ser libres, se desta vez gaña o PP estaremos fodidos para moitos anos.
Efectivamente, Fuco. Nestas eleccións xogámonos o “ser ou non ser no futuro”. Sen embargo, iso non debe impedirnos establecer matices. As gamas de grises son as que sinalan os camiños das cartografías en branco e negro como a nosa.