Barreiro, xefe de gabinete de Vicepresidencia
Manuel Martínez Barreiro será o novo xefe de gabinete da Vicepresidencia. Quen fora coordinador de edición de Xerais e despois coordinador de edición dixital de Acordar, ademais de comentaristas político da Radio Galega e de Vieiros, veterano blogueiro e autor de literatura infantil, terá a responsabilidade de acometer acarón de Quintana un traballo político decisivo na segunda parte da lexislatura. Os que o coñecemos e queremos sabemos que Manolo Barreiro posúe grandes doses de capacidade de diálogo, rigor na análise política e social máis concienzuda e actualizada, longa experiencia política, curiosidade tenaz polo coñecemento, persistencia e xenerosidade no esforzo, profundas conviccións de esquerda, discreción e elegancia exquisitas, amais de labaradas de ironía e doutros moitos valores humanos. Condicións abondas para prever que Quintana, o BNG e todo o Goberno Galego están hoxe de en hora boa por este acertadísimo nomeamento. Non teño dúbidas de que o seu selo irá calando coa discreción e o traballo ben feito que sempre o caracterizou alí onde foi e onde sempre deixou tantos amigos. Desexámoslle os maiores éxitos nesta súa nova (e, non o podemos negar, dífícil) andaina.
Moi boa elección, si señor.
Súmome a esa felicitación e permítome ademais transmitir outras que apareceron no meu blog. Noraboa.
E eu na verza. Acábaome de decatar de que é dpaso. Cousas veredes. Parabéns.
Sen dúbida unha boa nova. Parabéns para Barreiro e desexarlle moita sorte.
Estou segura de que o fará moi ben porque Manolo é unha persoa solidaria, e sen fumes.Quen dera que no BNG houbese moitos coma él…
pois sinto disentir pero non me parece nada afortunado o nomeamento de alguén que xa tivo ese posto na alcaldia de Perez Castrillo en Vigo, tivo que fuxir ós poucos meses ,”deprimido”,desencantado e ajomitando según dicía do que atopara nas cloacas do poder nacionalista….¿qué pensas que vas atopar agora meu rei ? o único que medrou é a dimensión da alcantarilla.
Contestando a Ana Pintens: Perdoa bonita,Sinto discrepar eu contigo, xa que nunca foi xefe de gabinete sinon secretario de Lois castrillo o cal estaba deprimido, e deprimiu a todos os que o rodeaban, Manolo non ia ser menos.
Eu si estou ben contenta con este nomeamento