Asturianos que falan galego
As declaracións de Touriño sobre o galego que se fala no occidente de Asturias (entre os ríos Eo e Navia) causáronme auténtico estupor; afortunadamente o mesmo día Ferrín deixaba as cousas claras no Faro, medio que hoxe reproducía a entrevista co presidente da Xunta, que días antes publicara La Nueva España.
É incomprensible que Touriño non se atreva a afirmar que en Asturias ou en Castela-León hai cidadáns que falan galego. Constatar esa teimosa realidade (é imposible que o presidente ou o seu equipo de asesores non manexen traballos e teses de doutoramento como a do profesor Xoán Babarro) nada ten que ver con desexos “anexionistas” nacionalistas e si, moito, co respecto a dereitos lingüísticos deses milleiros de cidadáns. Semella que nalgunhas cuestións de política lingüística. como a referida á defensa dos dereitos lingüísticos da poboación galego falante da Galicia estremeira, con esta presidencia estamos retrocedendo claramente con respecto á precedente. Ler para crer!

E o alcalde de “La Coruña” estará encantado, ben seguro.
estiven en Tapia hai pouco. alí, polo menos, fálano.
iso seguro.
Fálase galego bastante máis para alá, Navia…
Sen comentarios.
🙂
Eu teño ido moito co meu pai ó Bierzo a mercar viño. Apenas notamos variación lingüística. Só unha vez, cun vello de preto de Corullón, tiveron algún problema para entenderse, e non era de lingua: o vello descoñecía por completo o sitema métrico decimal, e houbo que botar man de calculadora para axustar os prezos das súas “olas” ós nosos “netos” e “canados”, e pasalo logo a litros.
O problema igual é que Touriño bebe Vega Sicilia e non mencía.
De seguirmos así, haberá que proclamar a lingua primeira damnificada do cambio
Soy asturiano, y ese artículo de Ferrín me parece una maravilla. Creo que es la persona que más claras ha dicho las cosas respecto a todo este asunto.
El problema es, quizá, cuando se quiere identificar “lengua” con “nación”. Esto es, cuando se mete la política por el medio. Aunque, naturalmente, nadie del BNG ha querido hacer eso. ¿O sí? Porque en caso de no haber querido hacerlo, son ingenuos, lo cual es terrible para un político; y sí han querido mezclarlo, es que son maliciosos, que no sé qué es peor.
En fin, xa me empeza a dar medo a actitude do presidente. E pensar que a Secretaría Xeral de Política Lingüística depende del? A que nos agarda.