"As pontes no ceo" de Ramiro Fonte
Con As pontes no ceo péchase a monumental triloxía «Vidas de infancia» que Ramiro Fonte decidiu emprender para reconstruír os ecos dunha vila galega, o Pontedeume da súa infancia, contrastándoos co rumor dun tempo histórico. Se nos dous primeiros volumes o relato primaba a vida familiar e o ámbito da escola, nesta terceira e derradeira entrega o foco argumental alumea as voces da colectividade. Velaí o límpido engado desta serie: un espazo local sen lindeiros, un tempo gris e un cento de figuras inesquecibles, merecedoras de pasar á historia literaria e asumir a representatividade da raza humana. Coma un retratista desas cousas coas que se asaña o esquecemento, Ramiro Fonte arma, cunha prosa garrida, xenerosa en formas e susceptible de perdurar, unha novela de vivos mortos e de mortos vivos. Unha obra que mestura lirismo, oralidade, técnica teatral, erudición e filosofías de rueiro e que, baixo os presupostos da narrativa clásica, tamén indaga nas raíces da vocación literaria. Teño a convicción que esta triloxía constitúe un dos cumes da narrativa galega de sempre. As pontes no ceo estará nas librarías na primeira semana do mes de novembro.
Boas, Manuel,
por se che interesa para o teu negocio… estou tratando de informar os responsbales de pemes e emprendedores galegos da oportunidade que teñen de financiar a compra de equipamento informático sen ningún interese en Renovación Tecnológica.
os responsables do portal, dependente de Caixanova, encárganse de todo o proceso. o interesado di o que lle fai falta: ordenadores, software, dominios de internet, cursos de novas tecnoloxías…; eles solicitan ofertas a varios proveedores, preséntanlle ao empresario as cinco mellores e financian la operación sen intereses. chámanlle “a solución redonda”.
unha boa oportunidade para mellorar a capacitación tecnolóxica do tecido empresarial galego.
Estou desexando lelo. Os dous anteriores parecéronme magníficos.