As Literatas

Hoxe, coincidindo coa Día Internacional da Muller Traballadora, aparecen dous novos títulos da colección As Literatas dirixida pola escritora María Xosé Queizán. Esta colección específica de narrativa internacional escrita por mulleres acada os catorce títulos. Foi dende o inicio unha aposta pola tradución para o galego dalgúns dos títulos considerados como máis relevantes da literatura do século XX escrita por mulleres, como O gran caderno, Ana Soror ou Como se non existise (a primeira obra traducida ao galego desde o serbo-croata, finalista do último Premio Nacional de Tradución). As dúas novelas que aparecen hoxe, Ancho mar de argazo e A voda, de dúas importantísimas autoras (Jean Rhys e Carson McCullers ) abondan no proxecto de Queizán. Preocúpame que, a pesar da calidade literaria da colección e a orixinalidade das portadas deseñadas por Revisión, despois de varias anos sexa aínda pouco visible nas librarías e nos propios medios literarios. No entanto, continúo tendo fe nun proxecto desta calidade que agardo atopará o apoio dos lectores e lectoras.

Etiquetas:
7 comentarios
  1. beatriz
    beatriz Dice:

    a min paréceme un proxecto excelente. sigo a colección dende o seu nacemento. gocei moito das densas lecturas de canón de alcoba, da concisión e arrepíos que producía o gran caderno ou mesmo a diferente forma de narrar coa que se fixo o home é un gran faisán no mundo.
    dende aquí os meus parabéns pola colección e seguirei sendo unha fiel lectora.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Manolo: se queres que as obras sexan “visibles” empeza por creres ti nelas, pois o labor dos tradutores e tradutoras meréceche tan pouca estima que nin sequera os/as citas. Freudiano, claro.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pois sinto dar-te a razom, mais, asídua das livrarias como som, interessada em projectos de mulheres, nada sabia dessa colecçom. Procurarei nela.

  4. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Como non vou agredecer o traballo das tradutoras e tradutores? Se non crese na colección, non seguiría publicándose. Hai comentarios que me deixan perplexo.

  5. Jairo Dorado
    Jairo Dorado Dice:

    Saúdos,

    son Jairo Dorado, o tradutor de Como se non existise e letor asiduo do seu blog. Permítame corrixirlle unha imprecisión: eu non fun finalista do premio nacional de tradución. A primeira vez que souben algo ao respecto foi a través do Cabaret Voltaire de Jaurequizar e esta é a segunda vez que “me entero” do asunto.
    Se vostedes saben algo máis do asunto… infórmenme!

    Sobre o comentario anterior dun anónimo: coido que se refería a que na noticia en cuestión non nomea aos tradutores destes dous novos títulos, “Ancho de mar de argazo” e “A voda”….

  6. Афастадо на Силдавија
    Афастадо на Силдавија Dice:

    a invisibilidade destas obra ten unha relación directa coa aceptación que as traducións teñen no sistema literario galego. O lector galego -e niso coido que todos so lectores das lingas ibéricas entran no saco- non teñen unha boa percepción da tradución. Coido que no fondo son(mos)un tanto chauvinistas á hora da escolla.

  7. Mario
    Mario Dice:

    Pois a eu, aparte de parecerme enormemente ilusionante o que se está a facer con esa colección, si que considero que a tradución calla e callará ben nos lectores galegos. En calquera cultura o consumo de textos traducidos representa unha porcentaxe bastante ampla das escollas do lector. O que pode pasar aquí é o que lle pasou a algún amigo meu cando foi a pola última de Auster, non crernos que poidamos escoller entre mercar a obra en galego ou en castelán polo mesmo prezo.
    Por certo tamén que a enorme afluencia de traducións desta temporada tamén coloca a cuestión do papel do tradutor en todo isto. Eu considéroo unha especie de coautor, (en realidade o que se me ocorre é comparalo co director dunha representación teatral en relación ao autor da obra), e creo que como tal debe estar recoñecido. Que iso se faga ou non, ademais dos problemas que trae á hora de facer crítica literaria xa é outra cuestión.

Los comentarios están desactivados.