Anuncio para fomentar os estudos de FP
Ata hoxe non coñecín semellante campaña institucional sobre a FP. Que pensarán todos os moitos amigos e amigas que teño en centros de FP? Os seus autores consideran este traballo como “divertido” xa que deseñaran toda a campaña co obxectivo de fomentar entre a xente moza os estudos de FP “tratando de falar a súa propia linguaxe”? Despois de ver o vídeo unhas cantas veces, pregúntome se está realmente respaldada e financiada polos responsables da Consellaría de Educación da Xunta? É isto real ou estiven soñando?
Prezado Brétemas
Vostede é un experto nisto, e non vou ser eu quen defenda nin o publicitario, que o coñezo, nin a conselleira, pero…
que ten de malo?
a min paréceme interesante, divertido e axeitado. Conte, conte, explique cales son os erros.
Pois a min paréceme que o explica ben o profesor que sae ao primeiro (parece o Wilt de Tom Sharpe): será unha campaña pensada para os berberechos?
Non creo que haxa erros, supoño que todo está moi pensado. A min as voces das rapazas parécenme igualiñas ás que poñían os señoritos do casino cando querían imitar o acento das da aldea. Esta clavadito.
A min a campaña paréceme axeitadísima… vai para que ten que ir e no idioma que fala o colectivo ó que lle interesa. Paréceme uns spots moi creativos, cheos de guiños e frescos, innovadores, unha gráfica currada, detallista… e mira sinceramente, pode que non sexa a mellor campaña do mundo, pero encontrar algo ben feito e que che chame a atención é dificil, e isto chama dende logo.
Parabéns a quen o fixera e a quen apostou pola innovación. Non quedemos atrás tamén nisto da publicidade… pasos adiante coma estos precísanse.
Por certo, meto os enlaces os spots cortos que saen na tvg:
Spot 01: http://www.youtube.com/watch?v=nP5T0Jk5l24
Spot 02: http://www.youtube.com/watch?v=AqBIqttxsYo
Spot 03: http://www.youtube.com/watch?v=fJLaIUzdgng
Video Web:
http://www.youtube.com/watch?v=sFqjq5Y-D8I
E a páxina web:
http://www.quevasfacer.com
Si, ho, si.