A realidade explicada a nenos e nenas
Esta anotación de Lándoas é absolutamente recomendable. Unha análise potente sobre o novo escenario político tras as elección do primeiro de marzo. Outrosí sucede coas análises demoscópicas de Fermín Bouza, dende o seu Voto con botas, e da completísima e modélica de Calidonia. Parabéns para estes tres amigos blogueiros que amosan a madurez e o rigor acadada polo blogomillo galego. Dáme o corpo que os blogs e a comunidade galega de Facebook –dous espazos de independencia informativa e de opinión participada– van ser decisivos nesta difícil lexislatura que se abre.
“van ser decisivos nesta difícil lexislatura que se abre.” Si se refire a o politico, a min me da igual.Si se refire a o economico, estou de acordo con vostede
Amigo A.C.: alédame que aceptase seguirnos en blogaliza. Estou con vostede. A nivel económico vai ser moi dur. A prespectiva dos cinco millóns e medio de parados (segundo FUINCAS) é desolador. Saúdos afectuosos. Manolo
A o final, non era tan dificil este blog. E un pracer para min poder opinar aki. Gracias por o seu detalle.Un saudo
Landoa fai unha análise excelente e totalmente exhaustiva das eleccións e dos resultados cos que concordo totalmente. Agardo tamén que este novo período de goberno non vaia máis aló desta lexislatura e a opción da esquerda saiba articular un discurso que ilusione á xente e que permita resolver os problemas que esta dereita demagóxica non vai ser quen.
Concordo en que a análise de Lándoas é excelente, ademais de moi inspirada.
A tan denostada “La voz”, publica isto hoxe, ¿sera verdade ou mentira? eu penso k e verdade.E si asi é,esta Galicia non hai medico chines k a cure.
“La Xunta tiene 192 coches de alta gama para altos cargos y 80 chóferes”
ou esta
” PROBLEMAS EN LAS FINANZAS MUNICIPALES
Los concellos elevaron en enero a cuatro millones la recaudación por multas
Pd: eu non teño nada k ver ca “Voz”