A nosa historia facémola nós
Arquivamos estes documentos dunha xornada histórica. Hoxe milleiros e milleiros de persoas (moitas) construímos un dique cívico para amparar a lingua de todos e todas. Como salientou Xurxo Souto na súa intervención «a nosa historia facémola nós». Manter o actual estatuto xurídico para a nosa lingua e promover a restauración da súa cadea no eido familiar son dous exercicios de corresponsabilidade ao que estamos sen excepción todos e todas convocados. O futuro da lingua depende de nós.
Noticia emitida pola TVG ao mediodía.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/lVaE7Q40IJk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Enorme xeira histórica. Avelino, simplemente grandioso. A cidadanía respondeu. Hai motivos certamente para a esperanza.
Moito van ter que pensar e repensar no feudo popular. Eles foron quen, dende Madrid, iniciaron un conflicto que non existía, pensando que o inimigo, o pobo galego, partía vencido. O pobo espertou. Grazas por nos espertardes!
D. Manuel: moi interesante a sua entrevista na TVG de hoxe. A sua referencia a o idioma Galego, foi sentata e optimista.Non asi como as veces leo no seu blog, ou twiter.