A intelixencia de Barreras
Os lectores e lectoras destas brétemas saben da miña admiración polo proxecto empresarial de Barreras, o estaleiro vigués que está montando buques futuristas na nosa Beiramar. Hoxe debemos volver a abenzoar aos responsables de Barreras polo seu decidido apoio á nosa lingua, nun momento especialmente difícil no que unha parte da clase empresarial viguesa amosa en privado intencións de deitarse nos brazos castelanófonos (nos vindeiros días, segundo as informacións das que dispoño, pode producirse un pronunciamento involucionista público). Barreras adoptando progresivamente o galego como a súa lingua vehicular (na documentación interna, na rotulación, nas relacións laborais como co entorno dos seus proveedores) recunca na súa aposta por estratexias futuristas e de innovación: neste caso pola tecnoloxía punta que simbolicamente atesoura a nosa lingua. A intelixencia empresarial de Francisco González Viñas, o presidente do esteleiro, unindo á innovación coa causa da lingua é a mellor inxección de entusiasmo que recibimos estes días. Beizóns para el e para os traballadoras da factoría.
A min pareceme moi ben o de ese señor empresario coa lingua. O k xa lle vexo algo raro e a paraflernaria k tuvo o acto, politicos, a seivane tocando a gaita etc.Penso k o podria facer sin tanta publicidade a non ser k espere algo das institucions.(k tamen e posible)
Pd. (nos vindeiros días, segundo as informacións das que dispoño, pode producirse un pronunciamento involucionista público)
Non lle parece algo forte eso de “pronunciamento”?.Creo k e sinonimo de “golpe de estado” Saudos D.Manuel
Suceda o que suceda Xerais xa ten TODO VENDIDO ¿ou non?
Santa subvención que permite vender todo dunha soa tacada…!
Mentras Barreiras terá que ir paso a paso vendendo segundo lle compren.
Hai privelexiados que VIVEN da LINGUA sen arriscar un euro.
É incrible que despois de tantos anos, continúne publicándose comentarios como o anterior, referidos ás subvencións que supostamente recibimos os editores. Non, meu amigo. Xerais igual que Barreras vive exclusivamente das vendas dos seus libros. Atreveríame a dicir que proporcionalmente as axudas públicas que recibimos os editores galegos profesionais supoñen unha porcentaxe pequena na nosa conta de resultados, moi inferior a doutros sectores económicos industriais (como o automóbil, por poñer un exemplo). Con todo, sei que haberá xente que non o crea. Malditos prexuízos do fraguismo!
D. Manuel, eu creo o k di por k e vostede boa persoa.Ese post donde din eso de Xerais, kizá sea a competencia k non pode con vostede.Po lo pouco k eu o coñezo e vostede un bon profesional.Un saudo desde Coruña
Anónimo coruñés: ten razón, non represento máis que a miña opinión. Saúdos dende a cidade de sal.