"A Casa do vagabundo", outra despedida
Xosé Rivadulla Corcón, director d’ A Casa do vagabundo, o programa de libros (e con especial dedicación á poesía) da Radio Galega envíanos esta carta de despedida:
Estimados habitantes da Casa do vagabundo:
Xa sabedes que esta casa non ten ni paredes nin portas, tampouco xanelas nin tellado e pode emprazarse en calquera lugar do mundo onde alguén teña a intención de ler un libro feito con palabras na fermosa lingua dos galegos, e cada sábado as dúas e media se emprazaba na Radio Galega, así foi dende o 14 de xaneiro do 2006 ata o 20 de xuño do 2009, despois de 172 emisións e que pasasen pola casa 120 profesionais do libro: escritores, editores, críticos, traballadores de editoriais…
O espazo tivo continuidade todos os veráns, pero no que está por chegar non será así, sen ter a certeza de que a volta do outono poderemos emprazar de novo a casa na Radio Galega, o asunto quedou pendente de conversa cos responsables da programación da emisora.
Resulta que cando se me comunicou a decisión xa non foi posible gravar e emitir un novo programa no que puidera despedirme como debera, agradecendo o cariño de toda a familia do libro galego.
Declaro que fun feliz facendo este programa porque cada persoa que veu á casa fíxome vivir un momento inesquecible. Cada un dos 172 programas son unha lembranza que perdurará por sempre.
Pode parecer que A casa do vagabundo era un programa de radio, pero foi realmente un espazo para facer amigos. Coñecín alí por vez primeira a moitos dos convidados que por el pasaron e nesa breve media hora de conversa construíuse unha amizade con cada un deles. A verdade é que me sinto afortunado. Cos que xa era amigo houbo reencontros moi entrañables.
As veces emociónome e non me importa que así sexa, por isto non podo elaborar un aséptico escrito de despedida, así que mellor remato.
Grazas a todos e desculpas aos que non deu tempo que viñeran á casa.
Grazas en especial a Xurxo Souto que foi quen me pediu un día que fixera para a Radio Galega un programa sobre libros.
Se volvo no outono xa o saberedes, e se non saudádeme se nos cruzamos nalgunha rúa, estrada ou corredoira.
Cunha fonda aperta
X. H. Rivadulla Corcón
Outra carta que nos enche de tristeza e decepción. Máis cando o programa de Corcón, que se emitía todos os sábados á hora do xantar, creaba unha media hora de acougo ben bonita. Os centos de autores e autoras que participaron no programa sempre falaron marabillas deste espazo para a poesía e para a conversa vagarosa e culta. Agardo que esta despedida apenas sexa un até logo, e Corcón volva ser chamado polas novas responsables da RG para continuar co programa.
No entanto, tras mudanzas de enfoque tan lamentables como as introducidas no programa Aberto por Reformas, ben sería que os novos directivos da CRTVG fixeran explícitos os seus criterios de programación, tanto para o verán como para o reinicio da tempada. Máis alá do Diario Cultural (ao que sería inimaxinable que acoutasen), na nova programación da RG haberá algún outro espazo destinado a facer visible a nosa creación cultural?
Demolicións Feijoo presenta…
Pois igual acerta:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/25/00031245929737918360999.htm
Quixera agradecer enormemente a todas as persoas que sendo de esquerdas e nacionalistas, dicidiron non votar nas eleccións do 1M09. A verdade é que sen o seu grandísio apoio e convencemento de que é mellor quedarse na casa, nunca lograriamos que o PP voltase ao governo e poidéramos votar a toda esta xentuza que pululaba polos medios. En nome do PP a de quenes estamos aproveitándonos xa de esquilmar os cartos públicos, como sempre foi e será, moitas grazas. Sen vós nunca o conseguiriamos.
Quixera agradecer enormemente a todas as persoas que, dicindo ser de esquerdas e nacionalistas, formaron parte do goberno bipartito dilapidando as ilusións dos que pensabamos que non só pensarían nos seus postiños e estómagos agradecidos. A verdade é que sen o seu grandísimo convencemento de que Galiza só é o BNG e sen aqueles que pensan que se non estás co BNG non amas Galiza, nunca lograriamos que o PP voltase ao governo cunha actitude que viamos vir. En nome de todos os centos de miles de galegos que deixamos de votar BNG e dos que nunca nos aproveitamos de esquilmar os cartos públicos en nome da vosa burbulla, como en tempos non foi e agora parece que será, moitas grazas. Sen vós nunca conseguiriamos estar tan desmoralizados, pero orgullosos de non apoia a unha fronte endogámica que, vendo os resultados das Europeas, vai camiño de ser tan marxinal como o Partido Humanista.
E mañá consumarase outra desaparición que atinxe a unha faceta da cultura tan necesaria como pouco común nos medios galegos…
Concordo con O que mira de cerca ao que mira de lonxe , porque non estou disposto a pensar que foi culpa miña non ter a quen votar. E o peor, sigo nas mismas.
“Quixera agradecer enormemente a todas as persoas que, dicindo ser de esquerdas e nacionalistas, formaron parte do goberno bipartito dilapidando as ilusións dos que pensabamos que non só pensarían nos seus postiños e estómagos agradecidos. A verdade é que sen o seu grandísimo convencemento de que Galiza só é o BNG e sen aqueles que pensan que se non estás co BNG non amas Galiza, nunca lograriamos que o PP voltase ao governo cunha actitude que viamos vir. En nome de todos os centos de miles de galegos que deixamos de votar BNG e dos que nunca nos aproveitamos de esquilmar os cartos públicos en nome da vosa burbulla, como en tempos non foi e agora parece que será, moitas grazas. Sen vós nunca conseguiriamos estar tan desmoralizados, pero orgullosos de non apoia a unha fronte endogámica que, vendo os resultados das Europeas, vai camiño de ser tan marxinal como o Partido Humanista.”