Entrevista con Juan Varela
Moi interesante a entrevista que publica Galicia hoxe con Juan Varela. Coincido con el no diagnóstico do carácter “moi endogámico” da blogosfera galega, o que entendo non fai tanto referencia á cuestión do uso da lingua, como do enfoque da comunidade de blogs.
Creo que hai bastante razón no que di Juan Varela sobre a endogamia e sobre a temática.
Eu levo un par de meses coa tentativa dun blogue de análises da sociedade galega desde a enxeñaría, a tecnoloxía, a ciencia e o emprendedorismo, mas xeralmente as anotacións que carretan mais comentarios soen ser as que están relacionadas dunha maneira ou outra coa cultura ou coa lingua. No entanto conseguín atrair algúns lectores lusófonos e incluso algúns que nada teñen a ver coa lusofonía.
Hai certos temas que son minoritarios en todos os media, non só nos blogues. Continuarei a predicar no deserto, pois tamén acho que un blogue non dá nun principio beneficios económicos e non hai que preocuparse do número de visitas.
O millor da entrevista e que está feita a un betanceiro :-))
A lingua pode ser unha limitación de audiencia, nunca de pensamento. Neste senso non hai problema e é unha das cousas boas dos blogs que tanta xente, e tanta xente nova e ata cativos, escriban en galego e un prazer e una alegría.
Os problemas da endogamia son outros. Creo nos blogs como medios hiperlocáis. E máis, coido que os medios hiperlocáis son máis importantes que os blogs para a socialización da información.
Endogamia non é identidade. Quizás outro efecto desta conversa de galegos de dominio público na Rede e crear unha nova identidade dixital do ser galego.
Eso levantaría da tumba a Castelao.
Podería crear un novo espazo público, foro de una participación cívica coma nunca existiu nesta nazón de Breogán ou coma sexa que chamemos a iste castro pedregoso e queimado.
Esa construcción dun espacio alén do identitario, público e aberto, enraigado dende o alma pero proxectado a sociedade do coñecemento para empuxar con forza o país é un soño dos que siguen creendo na xente, na súa radical e fermosa paixón por ser eles alén dos obstáculos.
(Perdón polo mal galego dun emigrado)
Coincido coma vostedes coa análise de Juan Varela no que se refire á endogamia dos nosos blogs. No pouco que puiden ver nestes tres meses atopo pouca opinión de carácter especializado, como se a maioría dos blogs fosen unha alternativa á conversa do café de sobremesa ou ao diario íntimo. O feito de que sexamos unha sociedade non normalizada ao mellor tamén ten que ver co feito de que na maioría dos blogs do blogomillo predomine o sentimento de autoafirmación en maior ou menor medida.
Sería interesante analizar se o panorama de blogs de galegos en español é semellante ou difire.
Disinto do ton “francotirador” que adoita Varela porque condiciona, e moito, a recepción das súas palavras.A comparanza, a diferencia da gratuidade, ten a avantaxe de lembrarnos que a interpretación non é a única posíbel. A propia especialización é unha especie de endogamia (esas comunidades epistemolóxicas que diría o Foucault), todo depende da atalaia de observación,non sí?A irrupción dunha identidade emerxente, e si se quer elidida, de expresión galega, coincide xustamente co tempo en que moitos meios son asimilados en hipergrupos da comunicación que escreven, diseminan e mesmo dictaminan o posibel coa súa linguaxe e clasificaión.Varela, como experto, esquece a reserva prudencial do distanciamento “relativo”. Mesmo penso que se trabuca – e velaí o sesgo da súa atalaia- en por coma exemplo a blogoesfera catalana. Precisamente, ésta. Poderiamos falar do estadio de construcción, producción ou mesmo manufactura en que se acha a blogosfera galega. Da linguaxe como práctica de clasificación e experimento, a estructura social, os individuos,a presenza da dona(é menor que noutras comunidades?),a política de coñecemento e os seus titulares ou posuidores. Decatouse da distribución espacial do coñecemento, do arredamento a determinados grupos en determinados lugares?Seguindo exempo de Edward Said,haveria que analisar aquilo do “galeguismo”, é dicir, o coñecemento que se ten na Meseta da Fisterra.Agora tamén endogámico.Xa somos unha nación, independizados virtualmente e non o sabiamos.
Pawley faise eco da nova e prodúcese un debate no seu blog…
http://pawley.blogalia.com/historias/42676#comentarios
A miña opinión pódese atopar aquí (por non ser repetitivo): http://pawley.blogalia.com/historias/42676#322519