Mala gente que camina
O día da inauguración da Feira un libreiro amigo recomendoume Mala gente camina, a novela mías recente de Benjamín Prado. A pesar de ter unha semana moi atarefada, roubei o tempo ao sono para ler compulsivamente as catrocentas páxinas desta novela expléndida que “bucea nas augas máis negras do franquismo”, a do roubo dos nenos das presas republicanas durante os días da guerra e os anos da posguerra. Ficionando a suposta biografía de Dolores Serma, unha escritora amiga de Carmen Laforet, asistimos da man de Juan Urbano, un profesor de instituto un chisco descrido, a reconstrución da miserable sociedade dos primeiros anos da Ditadura.
O título, tirado duns versos de Antonio Machado (“Mala gente que camina / y va apestando la tierra”), amosa que obras literarias como esta –ou como as recentes de Suso de Toro ou Rivas, ás que nos vimos aquí referindo– son os mellores vieiros para achegarse á verdade que nos foi ocultada. Benvidas sexan estas novelas que nos enfrontan no espello da condición humana e permiten achegarnos ao proceso de construción colectivo da memoria.
Agradezo moi sinceramente o consello deste libreiro competente e, coma el, recomendo esta importante novela de Prado.
(Novo intento: a miña torpeza informática fai que mande a mensaxe e non saia)
Repito, máis ou menos.
Home, Manolo, dasme unha alegría…!
(Empezaba así eu: co de home manolo e tal)
que resulta que Benjamín Prado é parente duns amigos nosos aos que, de tanto como nos queremos, xa nos consideramos parentes tamén. así que é coma se sacases na túa web un curmán de meu.
teño que confesar que aínda non lle lin o libro, téñoo na casa das Foxas
(non, leveino para Irixoa. para Irixoa, si.)
pero as veces que o sentín falar a el pola televisión paraceume un tipo moi intelixente.
en fin, que grazas por sacalo, home
unha aperta
(ou varias)
se non sae isto, xa non volvo mandar. non sei qué fago mal, por qué non se grava