Milladoiro en Trasalba
No artigo da semana, con motivo da concesión do Premio Trasalba 2006 a Milladoiro, publico unha síntese da laudatio. Aquí pódese escoitar o tema que estrearán hoxe, incluído nun cedé publicado xunto a unha fotobiografía editada por Galaxia.
Actualización (21.00): O acto, resultou dun grande interese, tanto pola intervención do profesor Alonso Montero sobre a correspondencia entre Otero e Castelao, como, e moi especialmente, polo discurso de agradecemento que pronunciou Antón Seoane no nome de Milladoiro. Quedeime con dúas das súas afirmacións: “Milladoiro pertence ao consorcio da esperanza” e “…xa é hora que Galicia esperte tras tantos anos de hipersono”. Esta determinación contra a diletancia e contra calquera tipo de conformismo encheunos de optimismo.
Etiquetas: Milladoiro, Artigos
Magnífica a túa intervención onte en Trasalba. Aínda que estaba ao teu carón e xa te felicitei alí, quero facelo agora en público. Unha intervención ben pensada, moi ben documentada, certeira na recolleita da xa ampla historia de Milladoiro e no seu significado na cultura galega de onte e de hoxe (e de mañá). Tamén estivo ben Alonso Montero, coa súa evocación das cartas entre Castelao e Otero (sublime a imaxe de don Ramón e a súa nai dona Eladia camiñando co sacho cara a horta para coller un saquiño de terra para mandar a Bos Aires e enterrala no sartego de Castelao). E ben tamén Víctor Freixanes como mestre de cerimonias (nalgún momento semellaba un clon do benchorado Sixto Seco) e o vicepte. da Xunta, que demostrou que lle gustaba a música de Milladoiro. E moi ben, finalmente, Antón Seoane no nome do grupo, cunha intervención reivindicativa, densa e reflexiva, na que mesmo botou man dos seus saberes como psiquiatra (o diagnóstico da hipersomnia, etc.) para logo reclamarse militante do colectivo da esperanza. Unha gran festa da galeguidade, sen dúbida.
video de sara jess na ultranoite de memoria histórica que este venres e sábado se celebra na NASA.
pola memoria dos que non puideron olvidar.
Vaia por diante a miña admiración por Milladoiro, dorna insigna da música galega. Sen embargo foi para min un misterio a súa aceptación, presenza e actuación no esperpento das Medallas Castelao no anterior réxime de Galiza.