Sempre Lois Pereiro
Magoaríame que por mor do rebumbio estas brétemas non lembrasen que hoxe é o décimo cabodano de Lois Pereiro. Recomendo as homenaxes de Josito, Mourullo, Folerpa e Jaureguizar. Aposto polo vindeiro dezasete para o inesquecible Lois:
Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar onde eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e furia necesaria.
Etiquetas: LoisPereiro, Poesía, 17-maio
Non é o sitio, pero apoio a chamada: Manolo, non vaias Vigo necesita outro/a alcalde/sa pero precisa ainda máis referencias.
LOIS PEREIRO (Monforte 1959- 1996)
Luz e sombras de amor resucitado
I
A Immersión no silencio é o que distingue
ós que aman con espírito suicida
dos que somentes son
un soño breve.
Na viaxe nocturna que emprendemos
polo interior dun corpo diferente
un acto de amor é un fluído urxente
de suor bágoas e esperma
contra o medo
palabras desarmadas
desexos que se perden
na néboa de mil noites
entre as sabas revoltas
polo feroz presente
de dous corpos que esquecen.
xuño 95.
C) LOIS PEREIRO “POESIA ULTIMA DE AMOR E ENFERMIDADE 1992-1995
cando paso cerca do río Mao, sempre o lembro.
E o meu río, tamén.
siloam
A homenaxe da RAG no camposanto seríache algo espectacular.
Brétemas, se estes días andas con tempo, bótalle unha ollada a isto:
http://www.lulu.com/static/pr/05_19_06.php
Sempre é un afago ver que me enlazas, grazas.
Por outra banda alégrome do teu rexeite, o noso mundo cultural non poder perde un editor coma ti nin as túas brétemas.
Alégrome por vostede. Non creo que dera contado as navalladas polas costas que lle ian dar.
… e saber dunha vez o que era a vida
amar e ser amado
“sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado”.