Literatura e Novas Tecnoloxías

Na mesa redonda do onte falamos máis de Literatura ca de Novas Tecnoloxías, quizais debido a que os participantes quedaron reducidos á metade, xa que Jaureguizar debeu volver precipitadamente a Lugo e Pedro Sena-Lino non puido aterrar en Galicia, a pesar de intentalo en dúas ocasións.

Manuel Forcadela, despois de rememorar os antecedentes da súa incursión na literatura cibernética, propuxo unha reflexión sobre o que entende foron os catro momentos decisivos do conflito que, dende hai cento cincuenta anos, se ven producindo en Galicia entre dúas polarizacións, a do local-global e a da tradición e a modernidade. Catro momentos de emerxencia da Modernidade na que o país noso fixo fronte a súa relación co seu pasado e co seu futuro, catro momentos de eclosión cultural e de presenza de grandes figuras:

  • Rexurdimento: aparición do conflito do desarraigo,
  • 1916-1936: posicións de Otero, Risco (e a súa teoría de ílicos, psíquicos e pneumáticos, ou de vulgares, prácticos e espiriturais), Castelao e Manuel Antonio;
  • 1970: o Mago Merlín como dador de aura;
  • Hoxe: cinco ideoloxemas da Postmodernidade: unha nova superficialidade; febleza da historicidade; novo subsolo emocional (aparición do sublime tecnolóxico); crecente dependencia da cultura da tecnoloxía e novo sistema de economía mundializada.

Finalizou a súa intervención Forcadela afirmando que “hoxe os blogs son tentativas de encher a rede de aura, un xeito de anular a lóxica dos best-sellers. Os blogs son poderes fragmentados fomentando unha ilusión de supervivencia”.

Pola súa banda, Camilo Franco enfocou o seu discurso arredor da idea forza de que a literatura é o argumento; o soporte é a circunstancia. Para el a literatura é comunicación, independente do seu soporte. Definiu Internet como unha superficie enorme que posúe unha profundidade relativa, propoñendo que dubidemos sobre un espellismo no que todo semella posible. En base á diferenza entre literatura e narración, prognosticou que os narradores que no futuro ensaien coa rede vanse ir afastando da palabra: “Internet ten cada vez menos palabras”.

No escaso tempo dispoñible para o debate co público, abordáronse, sobre todo, as cuestións referidas á nova textualidade que ofrece a rede.

2 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Gostariame estar alí porque internet é un fenómeno que se inscribe no futuro.
    Agora ben, falar de literatura, de arte non é falar só de comunicación. A arte refiresse ao trato de existencias, non unicamente de seres que se comunican. A experiencia estetica non é reducibel a experiencia comunicativa. Os blogs poden ser soportes tanto de creación como de critica. E nada teñen que ver, pareceme, coa aura Benjaminiana.
    Dende galicia podensese producir esteticamente obras de arte. Hoxe pdese estar ao día como nunca se puido. Esto implica unha enorme responsabilidade para os creadores, non sirben xa os lamentos por vivir nunha patria anómica. Mais Se somos capaces de producir obras de arte, pode que non o sexamos de difundilas globalmente, e ehí, esa é a nosa inferioridade. A virtualidade, con todo, non é real e compre non soñar demasiado en clave de novas tecnoloxias, sobre todo cando somos meros consumidores. Habería que espertar a realidade real. e afrontar os retos, e nombrar as actitudes polo seu nome. Dicirlles aos empresarios que basta xa de tanta incoherencia, e dicirlles que avancen cara onde apuntan os seus discursos. As institucións que non se durman na practica virtual da politica correcta e claudicante, aos creadores que afronten o esforzo de facerse unha imaxe real do entorno, do seu unwelt, para que deixen de cantar os nosos tempos con melodias do pasado.E aos críticos, que se movan dos seus asentos reservados e rescaten a arte das ruinas, que inciten a mirada e o oido do publico, que rompan a comoda mediación e se atrevan a sinalar como cristo entrando no templo, aos, trepas, aos impostores, aos interses creados, as limosnas, as mordidas,os favores, os apaños, as recomendacións, os enganos…e tiren a primeira pedra.
    Senón quen o vai facer…un creador non teria a credibilidade necesaria…seria envidia…
    Cantos escritores galegos van nús e ninguén llo dí…se atreve a dicirllo.
    Camtos críticos son capaces de non falar encubertamente só de si mismos, do que saben…do que simulan saber.
    Canta autoridade feita a base de lingua, de pasar a lingua por esas partes…
    INTERNET PERMITE A ISEGORIA
    BENBIDA!
    MAIS UNHA ISEGORIA VIRTUAL
    MARCIALG

  2. fisterrán
    fisterrán Dice:

    Eu, que tiven a sorte de asistir, quedei sorprendido da altura da mesa “Literatura e novas tecnoloxías”. Tanto Manuel Forcadela coma Camilo Franco disertaron con mestría nun ámbito que coñecen, e moito. Ao moderador, parabéns. Non só polo seu esforzo e coordenar a mesa, senón por introducila dunha maneira tan altamente documentada. Foi unha mágoa que Pedro Sena e Jaureguizar non puidesen asistir!

Los comentarios están desactivados.