5
comentarios
Los comentarios están desactivados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Lar20 de Novembro de 2024 - 10:22 a.m.
- Festa do cabazo19 de Novembro de 2024 - 9:45 a.m.
- Pregón da festa do cabazo17 de Novembro de 2024 - 9:02 p.m.
- Xigantes da lectura13 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Discurso de recepción do premio «Lenda do recreo»12 de Novembro de 2024 - 9:36 a.m.
Teño seguido este foro e nunca intervín, pero asuntos como este póñenme de moi mal humor e quero manifestar con dureza a miña opinión neste caso.
Como norma xeral, é unha absoluta vergoña este asunto, porque supón unha represión inquisitorial intolerable o de botar a unha muller do seu traballo porque sexa divorciada ou seica sexa “sexy”.
Agora ben, tamén é unha total vergoña que haxa ensino relixioso nos colexios públicos pagado cos orzamentos públicos. E máis aínda que haxa profesores e profesoras de relixión que, como ocurre aquí, só se se acordan de Santa Bárbara cando trona.
Namentres traballan tranquilamente, están ben caladiños e solícitos aos requerimentos da autoridade relixiosa que os nomeou a dedo, por trato de favores ou influencias familiares.
E así, cando non cumpren os criterios (retrógados, represores, antidemocráticos) que xa sabían perfectamente cales eran cando aceptaron entrar no xogo, e cando son botados polo bispo de turno, crense con todos os dereitos e claman, xa non ao ceo, senón á xustiza e á solidariedade.
Pois mire vostede: NON.
Porque non son traballadores que accedan ao seu traballo en base a unha oposición libre, regrada, obxectiva e avaliable por persoas capacitadas legalmente a tal fin. Porque colaboran cinicamente do “tinglado” e nunca denuncian abusos cotiás dos seus superiores eclesiásticos, nin se pronuncian contra determinadas directrices do Vaticano ou da Conferencia Episcopal, incluíndo a aqueles profesores de relixión que van de “progres” (estes son xa o colmo do colmo). Porque viven do Estado sen ser servidores del, senón doutro Estado estranxeiro. Porque teñen como principal misión adoutrinar aos alumnos na homofobia e outros valores antidemocráticos e retrógados. Porque non son nin queren ser libres.
A culpa final, en calquera caso, non é só deles ou da Igrexa, senón da sociedade hipócrita. Desa estúpìda comodidade e submisión ante o “de sempre” por parte de moitos pais aos que a relixión e a Igrexa lles trae sen coidado, e que mesmo (falar non ten cancelas) se atreven a ser moi críticos cos seus valores e rirse deles, pero que son cómplices voluntarios: veña a facer festas so pretexto de celebracións relixiosas: bautizos e comuñóns que só serven para a máis patética exhibición de “cartos” ante familiares e amigos, bodorrios horteras que custan unha pasta gansa, e outras ridiculeces varias. E isto en Galicia é unha auténtica praga.
Non se trata de que desapareza a relixión nin a Igrexa (que poden e deben existir), senón de que estas se circunscriban ao seu ámbito particular. E de que a xente sexa consecuente. ¿É vostede relixioso? Pois moi ben. A lei debe amparalo, pero respete logo as normas da igrexa e ségaas o mellor posible. ¿Non cre vostede nela? Entón, a que carallo anda vostede a facer o paripé.
A min o que me gustaría é ir a comulgar, e me dese a sacra oblea unha muller en minisaia, ben escotada, tinguida de loiro e uns zapatos de agulla. Tiquitaque, tiquitaque, con andar de rio. A ver cando se modernizan… Por certo, o concepto de sexy por parte dos paporroibos do vaticano deixa moito que desexar.
Que quede claro que o primeiro anónimo non é o autor do segundo anónimo, que o toma todo a cachondeo.
Porque será que ninguén se toma en serio as bromas, cando o son. O realmente chistoso é a seriedade.
Anómimo I a Anónimo II: Tes toda a razón. Ás veces non temos sentido do humor. Eu tamén considero que teñen que modernizar o seu concepto de sexy: a profesora gasta un look hortera de “padre y señor mío”.