Revisitar os clásicos
Hoxe participei, xunto con outros editores infantís e xuvenís, nunha mesa redonda sobre a edición de adaptacións, versións e traducións dos clásicos. O acto formaba parte do IIº Curso de Formación Continua de Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos organizado pola Universidade, Gálix e a Biblioteca Nova 33 e que nesta edición xira arredor do tema: Revisitar os clásicos.
Enumero os tres temas que provocaron maior controversia:
- Hai número suficiente de lectores en lingua galega para poder editar calquera obra (das consideradas como clásicas) infantil ou xuvenil en galego?
- Cales son as razóns para que os prescriptores e mediadores teñan preferencia por obras escritas orixinalmente en galego sobre outras traducidas?
- Que influenza poden ter as bibliotecas para aumentar os índices de lectura da sociedade?
- Son eficaces as actividades actuais que promoven as editoriais para animar á lectura nos centros escolares e nas bibliotecas?
-Se me permite a maldade, se hai suficiente número de leitores para Marilar Aleixandre, tamén ha de habelo para Gianni Rodari.
-Recomendan as obras que leron. Non esqueza que nada asegura que os prescriptores e mediadores lean moito (ou algo).
-Decisiva, obviamente. A convivencia desde a infancia cos libros, vendo o libro como algo non ameazador, é bastante útil para xerar futuros leitores. Para iso é preciso mais bibliotecas onde un poida sobar os libros, quitándoos e poñéndoos dos estantes, sen paranoias elitistas.
-Ah, promoven algunha?
Eu dende logo leo a Todari e Dahl en galego e non leo a Marilar. De tódolos xeitos non só boto de menos clásicos universais da LIX en galego senón clásicos da literatura galega ilustrados e adaptados para moz@s e non tan moz@s . Xa sei que hai moi boa LIX en galego pero eu boto algo así en falta.
Non son o único da miña xeración que comezou a amar a Verne, a Salgari, a Twain, a Dickens ou a Scott naqueles clásicos universais ilustrados que pasaban de man en man como pasan hoxe os videoxogos ou outras sustancias.
Aínda que visto o que pasou co libro de peto – eiqui xa se falou – galego ao mellor non é tan boa proposta.