Xerais inicia a transición ao libro electrónico
A raíz da nosa intervención na cerimonia dos Premios Xerais, son varios os medios electrónicos que se interesaron pola nosa estratexia de transición cara a edición de libro electrónico. Recollemos as entrevistas que nos fixeron:
- “Xerais inicia a transición cara o libro electrónico” (Vieiros).
- “Xerais presenta a súa estratexia cara o libro dixital” (culturagalega.org).
- “Deixaremos de editar libros para editar contidos” (A Nosa Terra diario).
Sorpréndenos moi gratamente o interese suscitado por este anuncio. Mañá estaremos ás 9:35 en radiodifusión e o luns ás 16:10 no “Tren do serán” da Radio Galega para volver sobre esta estratexia dixital.
Para min isto foi o mási sobranceiro dos Xerais, sen esquecer o dobrete de Rosa. Agardo impaceinte esa reedición dixital da colección Abaltivo Absoluto, faltantme algúns.
Mais non se fala nada do comeplexo tema dos autores, da revisión ou da firma de novos contratos que recollan a edición dixital, da remuneración, etc. Penso que é un dos temas máis complexos, o do soporte estandarizado e universal solucionarase nuns anos.
Estou, como xa lle puiden comentar no peirao da illa, á expectativa do que debeu ser unha prioridade hai tempo para as editoriais. Non sei se concorda conmigo en que houbo (e non sei se hai) un pouco de medo, ou por dicilo doutro modo escasa ousadía para asumir riscos con estas novidades. No caso do galego, parece obrigado comerse o mercado de rapaces, ávidos de ler nestes soportes e xa case refractarios ao papel como obxecto. Pero eu podo dicilo porque non son responsable dunha editorial coma vostede que debe tentarse o peto, pero tamén debo dicilo: o tempo apremia. Mellor onte ca hoxe.
Esquecín darlle a noraboa e, por suposto, un empuxón para esta nova etapa. Conte coa miña axuda para o que sexa mester.
Alédame sabelo. Ben feito e parabéns. Súmome á proposta do señor Arumes.
Vai haber que facerse cun kindle ou trebello similar… Todo son estímulos ó consumo…